Marsilea minuta é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.Marsilea L. no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2021.

É un fieito orixinario de Australia, onde está moi estendido e é moi común, e se coñece co nome vulgar de nardoo. É unha das seis especies do xénero Marsilea endémicas deste país..

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1852 polo botánico alemán Alexander Braun, nun traballo publicado en Linnaea 25: 72.Marsilea drummondii A.Braun no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2021.Marsilea drummondii A.Braun en Plants of the World Online. The Royal Botanic Gardens, Kew.Consultado o 14 de marzo de 2021.

Etimoloxía Para e do xénero, véxase Marsilea.

O epíteto específico, drummondii, e unha homenaxe que lle fixo Braun ao botánico escocés James Drumonnd.

Sinónimos Ademais de polo seu protónimo creado por Braun, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Marsilea drummondii var. elata (A.Braun) A.Braun Marsilea drummondii var. hirsutissima (A.Braun) Domin Marsilea drummondii var. howittiana (A.Braun) Domin Marsilea drummondii var. macra A.Braun Marsilea drummondii f. macra (A.Braun) Domin Marsilea drummondii var. megalophylla A.Braun Marsilea drummondii var. minor A.Braun Marsilea drummondii var. muelleri (A.Braun) Baker Marsilea drummondii var. nardu (A.Braun) Domin Marsilea drummondii var. orientalis A.Braun Marsilea drummondii var. oxaloides (A.Braun) Domin Marsilea drummondii var. salvatrix (Hanst.) A.Braun Marsilea drummondii var. sericea (A.Braun) Domin Marsilea elata A.Braun Marsilea hirsutissima A.Braun Marsilea howittiana A.Braun Marsilea macra A.Braun Marsilea macropus Hook. Marsilea muelleri A.Braun Marsilea nardu A.Braun Marsilea nardu var. megalophylla (A.Braun) A.Braun Marsilea oxaloides A.Braun Marsilea salvatrix Hanst. Marsilea sericea A.Braun Zaluzianskia drummondii (A.Braun) Kuntze Zaluzianskia macropus (Hook.) Kuntze

Características Marsilea drummondii é un fieto acuático perenne, que enraiza en substratos lamacentos e forman camas de herbas ou alfombras flotantes na superficie de tranquilas masas de auga. Estas poden chegar até un metro de profundidade. Marsilea drummondii no CSIRO. Australian National Botanical Gardens (ANBG). Consultado o 14 de marzo de 2021.

A especie é moi común en Australia, onde crece en abundancia despois das inundacións.Nardoo, the desert fern (O nardoo, fieito do deserto) en ABC Science. Consultado o 14 de marzo de 2021. Pode formar alfombras na superficie da auga, que cobren o chan cando as augas desaparecen. Atópase en moitos tipos de hábitats húmidos. Normalmente a fronde consta de dous pares de folíolos e está ergueita cando non flota.

A planta produce esporocarpos que poden permaneceren viábeis durante 50 anos, e só liberan as esporas despois de estaren ben empapados en auga. Os esporocarpos son dispersados ​​por aves, que os comen pero non poden dixerilos, e pola auga que flúe. Os esporocarpos utilízanos como alimento os aborixes australianos, que os recollen, asan e moen en po que mesturan con auga para formar unha masa.Perumal, G. (2010). Ethnomedicinal use of pteridophyte from Kolli Hills, Namakkal District, Tamil Nadu, India. Ethnobotanical Leaflets 14: 161.Marsilea drummondii. Botanic Gardens Trust, Sydney.

Unha planta tóxica O esporocarpo de Marsilea drummondii pode ser tóxico para o ser humano e o gando, debido a aos altos niveis que contén de tiaminase, (enzima que intervén na degradación da tiamina, ou vitamina B1) e aos glicósidos norsesquiterpénicos.Marsilea drumondii en Australian weeds and livestock, Mangrove Mountain Computer Club, 2008. Consultado o 14 de marzo de 2021.

O consumo de grandes cantidades pode causar beriberi. Sábese que envelena ás ovellas,Thiaminase. Cornell Dept. Animal Science. e tamén aos humanos, incluídos os líderes da expedición de Burke e Wills.Earl, J. W. and B. V. McCleary. (1994). Mystery of the poisoned expedition. Nature 368 683–684.

O nardoo debe prepararse correctamente usando calor antes do seu consumo para destruír a tiaminase.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliiografía Novikoff, A. & Barabasz-Krasny, B. (2015): "System of Embryophytes". En: Novikoff A. & Barabasz-Krasny B. Modern Phytomorphology. System of Embryophytes.

Outros artigos Salviniales Marsileáceas Marsilea

Ligazóns externas Australasian Virtual Herbarium: Occurrence data for Marsilea drummondii

Categoría:Salviniales Categoría:Flora de Australia Categoría:Plantas tóxicas