Marilú Padua, de nome completo María de la Luz Padua Orihuela, é unha activista dos dereitos humanos mexicana e a Secretaria de Xénero e Dereitos Humanos do Sindicato Nacional de Traballadoras do Fogar, unha organización que ten como obxectivo defender os dereitos das traballadoras do fogar en México. Nesta organización é a responsable do programa de colocación. Liderou a campaña "Voces dos defensores", que creou comunicados de prensa e outros medios para meter presión ós gobernos para que respondan á pandemia da COVID-19 tendo en conta os dereitos humanos.
Traxectoria Padua traballou como empregada doméstica antes de unirse ó Sindicato Nacional de Traballadoras Domésticas e converterse na Secretaria de Xénero e Dereitos Humanos do sindicato. Ademais, estivo a cargo do programa de colocación. Logo converteuse na Secretaria Xeral do sindicato, dirixindo os seus esforzos.
Durante a pandemia da COVID-19, Padua buscou sacar á luz os desafíos que afrontan as traballadoras domésticas e as prácticas inxustas ou perigosas que desenvolveron os seus empregadores. Entre as súas preocupacións estaban o equipo de protección persoal para protexerse contra os produtos químicos utilizados na desinfección e limpeza, a falta de seguridade no traballo, a exposición ás persoas en risco de COVID-19, a falta de horas extra pagadas para novas responsabilidades relacionadas coa pandemia e as novas dificultades de ter que coidar ós nenos que xa non asisten á escola en persoa.
Recoñecementos En 2020, Padua foi recoñecida pola Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos como Líder Rexional pola súa defensa dos dereitos humanos e a súa campaña "Voces dos defensores" en particular.
Notas
Categoría:Activistas de México Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido