José Novás Soto, nado en Mañón cara a 1907 e finado no mesmo concello o 27 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1927.El Compostelano, 30-5-1927, p. 2. Foi nomeado mestre interino das Pontes de García Rodríguez en 1927,El Eco de Santiago, 3-9-1927, p. 2. da escola de Mañón en 1929,El Ideal Gallego, 24-4-1929, p. 8. e da de Santaballa (Ortigueira) en 1932.El Ideal Gallego, 10-4-1932, p. 5. Militante da UGT. En 1936 era mestre de San Claudio (Ortigueira). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi destituído como mestre en agosto.Boletín oficial de la Provincia de La Coruña, 21-8-1936, p. 2. Foi asasinado o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mañón

Categoría:Nados en 1907

Categoría:Finados en 1936