Piridina 350px|Piridina Nome IUPAC Piridina Outros nomes Azabenceno, Azina, py Fórmula empírica C5H5N Masa molecular 79,10 g/mol Estado físico/Cor Líquido/Incoloro Número CAS 110-86-1 Propiedades Densidade 0,9819 g/cm³ a 20 °C Punto de fusión –41,16 °C (232,0º K) Punto de ebulición 115,2 °C (388º K) Solubilidade en auga Miscíbel en auga Información de seguridade 50px|F: Inflamable 50px|X: Nocivo Frases R: R11-20, R21, R22 Frases S: S26-28 Exenciónes e ReferenciasFichas de datos de seguridade (FDS).Hazardous Substances Data Bank (HSDB) A piridina (fórmula molecular C5H5N, masa molecular: 79,10) é un líquido incoloro de olor desagradábel, similar ao do peixe en mal estado. Pertence á familia dos compostos heterocíclicos aromáticos, e está estruturalmente relacionada co benceno, sendo a única diferenza entre eles a substitución dun grupo CH do anel bencénico por un átomo de nitróxeno.

O olor pode chegar a ser nauseabundo e provocar esbirros.

Historia miniatura|150px|esquerda|Thomas Anderson. A piridina impura foi sen dúbida preparada polos primeiros alquimistas ao quentaren ósos de animais e outras materias orgánicas,A. Weissberger (Ed.), A. Klingberg (ed.), R. A. Barnes, F. Brody, P. R. Ruby: Pyridine and its Derivatives, Volume 1, 1960. New York: Interscience Pub. pero a referencia documentada máis temperá adxudícaselle ao científico escocés Thomas Anderson.Anderson, T. (1849): Transactions of Royal Society of Edinburg, 16: 123.

En 1849, Anderson examinou o contido do aceite obtido a través do qucemanto a altas temperaturas de ósos animais. Entre outras substancias, separou do aceite un líquido incoloro de olor desagradábel, a partir do cal illou piridina pura dous anos despois. Describiuna como altamente solúbel en auga, facilmente solúbel en ácidos concentrados e en sales despois de quentala, e levemente solúbel en aceites. Debido á súa inflamabilidade, Anderson chamou á nova substancia piridina, do grego antigo πῦρ (pyr) que significa fogo. O sufixo -idina se engade de acordo coa nomenclatura química, como en toluidina, para indicar que un carbono do ciclo contén un átomo de nitróxeno.

A estrutura química da piridina foi determinada décadas despois do seu descubrimento. Wilhelm Körner (1869)Körner, W. (1869): Giorn. academ. Palermo, vol. 5. e James Dewar (1871)Dewar, J. (1871): Chem. News, 23: 38. suxeriron independentemente que, analogamente á quinoleína e ao naftaleno, a estrutura da piridina derivaba do benceno mediante a substitución dn C-H por un átomo de nitróxeno.Albert Ladenburg & Leonard Dobbin (2015): Lectures on the history of the development of chemistry since the time of Lavoisier. Newark, New Jersey: Palala Press. ISBN 978-1-3473-0859-2, pp. 283–287.Raj K. Bansal (2010): Heterocyclic Chemistry. 5th edition. New Delhi, India: New Age International Pvt. Ltd. ISBN 978-8-1224-3143-8, p. 216. A suxestión de Körner e Dewar foi despis confirmada experimentalmente cando a piridina foi reducida a piperidina con alcohol de sodio.

En 1876, William Ramsay combinou acetileno con cianuro de hidróxeno foemando piridina nun forno de aceiro ao vermello. Esta foi a primeira síntese dun composto heteroaromático.Pyridine, IARC Monogrpahs Vol. 77. Washington D.C.: OSHA 1985.

Os métodos contemporáneos de produción de piridina teñen un baixo rendemento e unha demanda crecente para o composto require da busca de novas rutas para sintetizala. Un punto de inflexión ocorreu en 1924 cando o químico ruso Alekséi Chichibabin desenvolveu a síntese de piridina de Chichibabin, a cal utiliza reactivos relativamente baratos. Este método aínda se usa hoxe en día na produción industrial da piridina.S. Shimizu, N. Watanabe, T. Kataoka, T. Shoji, N. Abe, S. Morishita & H. Ichimura "Pyridine and Pyridine Derivatives" en Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, 2005, Wiley-VCH, Weinheim.

Nomenclatura O nome sistemático da piridina, dentro da nomenclatura de Hantzsch-Widman recomendada pola IUPAC, é azina. Porén, os nomes sistemáticos para compostos simples son raramente utilizados, polo que a nomenclatura dos heterociclos segue aos nomes comúns. A IUPAC non recomenda o uso de azina en vez de piridina. A numeración dos átomos do anel da piridina comeza no nitróxeno. Tamén se utiliza a distribución das posicións dos carbonos segundo o alfabeto grego (α-γ) e cando se fala dos padróns de substitución en hidrocarburos aromáticos utilízase (orto, meta e para). Aquí α (orto), β (meta) e γ (para) refíerense ás posiciónes 2, 3 e 4 do anel, respectivamente. O nome sistemático dos derivados de piridina é piridinil, onde a posición do substituinte é precedida por un número. Poréno neste caso tamén a IUPAC non aconsella o uso, optando polo nome común piridil en vez do sistemático.D. Hellwinkel: Die systematische Nomenklatur der Organischen Chemie, 4th ed., p. 45, Belin: Springer, Berlin. ISBN 3-5406-3221-2. O derivado catiónico formado pola adición de un electrófilo ao nitróxeno chámase piridinio.

Existencia na natureza A piridina encóntrase e numerosos compostos relacionados coa vida (pero non na súa forma pura), entre eles o NAD, a nicotina, a vitamina B3 ou niacina e a vitamina B6 ou piridoxina. Os derivados saturados da piridina, tales como a piperidina e as piperideínas, tamén se encontran presentes en compostos tales como a coniína, a manoxirimicina, a peletierina, a mimosina, a anabasina e a anaferina. Algunhas piridinas relacionadas co ácido nicotínico son os alcaloides da palma Areca catechu (arecolina, guvacina), a ricinina das sementes do rícino, a hermidina de Mercurialis annua, e a trigonelina da Trigonella foenum-graecum. Varias plantas da familia das celastráceas producen ésteres do ácido evonínico (ácido nicotínico enlazado cunha molécula de ácido 2-metilbutírico) e sesquiterpenos tipo agarofurano. Exemplos destes alcaloides son a maitolina, maitina, acantotamina, evonina, neoevonina, euonimina, as hipocratinas e as emarxinatinas. As betalaínas e as betaninas tamén conteñen aneis de piridina.

Porén, a piridina pura non está moi estendida na natureza. É unha substancia nociva se se inhala, inxire ou se se absorbe pola pel. Reduce a fertilidade masculina e feminina e está considerada como un carcinóxeno. Os síntomas de exposición máis comúns son: dor de cabeza, tose, dificultade respiratoria, larinxite, náuseas e vómitos.

Na natureza, na súa forma máis prexudicial, encóntrase nas follas e nasa raíces da beladona (Atropa belladonna),G. A. Burdock, ed. (1995): Fenaroli's Handbook of Flavor Ingredients, Vol. II, 3rd Edition. Boca Raton, Florida: CRC Press. ISBN 0-8493-2710-5. e no malvarisco (Althaea officinalis).A. Täufel, W. Ternes, L. Tunger & M. Zobel (2005): Lebensmittel-Lexikon, 4th ed., p. 450, Behr. ISBN 3-8994-7165-2. Pero como quedou dito, os derivados da piridina encóntranse en certas biomoléculas como os nucleótidos de piridina e en alcaloides. Na vida diaria encóntranse trazas de piridina como compoñentes volátiles de compostos orgánicos que se xeran nos procesos de torrado e enlatado, como é o caso do polo frito, sukiyaki, bacon frito, no queixo Beaufort, o aroma do café, o té negro e o mel de xirasol.A. Täufel, W. Ternes, L. Tunger & M. Zobel (2005): Lebensmittel-Lexikon, 4th ed., p. 226, Behr. ISBN 3-8994-7165-2. O fume do tabaco, e o da marihuana, conteñen piridina.

Notas

Categoría:Piridinas