dereita|miniatura|Branca Trigo en 2023.
Branca Trigo Cabaleiro, nada en Vigo o 16 de marzo de 1997,La Voz de Galicia, Vigo, 26-4-1997, p. 34. é unha escritora galega.
Traxectoria Estudou no CEP Santa Tegra de Vigo e graduouse en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na Universidade de Vigo. Canda Alfredo Vázquez, codirixe Edicións Malafera.
Publicou os seus libros Coñecemento do Medo, trans0 e Mundo Carne en Edicións Malafera. O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Organiza xunto con outros autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas e participou en diversas publicacións colectivas coma o volume A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023), a Antoloxía biosbarda para Parche (ruín alteredicións, 2023) e a antoloxía LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023).
Obras
Poesía Coñecemento do medo (2021). Malafera. ISBN 978-84-09-28815-1
Con do lore (2022). Editorial Urutau. ISBN 978-65-5900-384-6 trans0 (2024). Malafera. ISBN 978-84-12-79871-5 Mundo Carne (2025). Malafera. ISBN: 978-84-127987-4-6
Fanzine
Sagrado corazón de Бáба Ягá (2021). Malafera. Ω (2023). Malafera. O ser e o nervio (2023). Malafera. Mandrágora (2025). Malafera.
Álbum ilustrado
La cosa negra que pasó por mi ventana (2007). (Lóguez ediciones. ISBN 978-84-96646-10-0
Antoloxías da súa obra
Vomitei Deus. Antología bilingüe (2025). Eolas Ediciones. ISBN 979-13-87753-52-8
Obras colectivas
Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (2023). Xerais. ISBN 9788411103589 Antoloxía biosbarda para Parche (2023). ruín alteredicións. ISBN 978-84-09-46768-6 A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (2023). Catroventos. ISBN 978-84-124635-6-9
Gótico urbano (2024). Horror Vacui. ISBN : 978-84-123310-9-7
Premios
2009: Premio Literario Escolar Caixanova na categoría de terceiro ciclo de primaria polo traballo Sara y Saray.La Voz de Galicia, 20-6-2009, p. 51. 2019: Terceiro posto no Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro coa obra O heroe de vidro. 2021: Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo na modalidade de poesía. 2021: Terceiro premio no Díaz Jácome de poesía. 2022: XIX Certame literario Concello de Ames, categoría +18. 2025: XVIII Premio de Poesía Concello de Carral pola obra Especies invasoras. Segundo o xurado “un libro de poemas que explora de xeito radical a identidade, o desarraigo e a violencia estrutural”, facendo emprego da metáfora da invasión biolóxica para abordar temas como o corpo, a casa e a memoria. Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Editores de Galicia