Pilularia minuta é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das marsileáceas, unha das cinco descritas do xénero Pilularia.Pilularia L. no GBIF. Consultado o 18 de marzo de 2021.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1848 polo militar e botánico francés Michel Charles Durieu de Maisonneuve.Pilularia minuta Durand no GBIF. Consultado o 18 de marzo de 2021.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Pilularia.

O epíteto específico, minuta, é a forma feminina singular do adxectivo latino minūtus, -a. -um, "pequeno", "pequena", participio pasado de verbo minuo, "minorar", "diminuír".

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Calamistrum minutum Kuntze Calamistrum minutum (Durand) Kuntze Pilularia globulifera L. subsp. minuta (Durieu) Bonnier & Layens

Características É un fieito herbáceo, perenne, rizomatoso, cun rizoma horizontal delgado, enraizante nos nós, practicamente sen pelos, que se desenvolve en solos húmidos. As follas (frondes), de 2 a 4 por nó, e de 2 a 4 cm de lonxitude, sen pecíolo, filiformes, de 0,3 a 0,7 mm de diámetro, solitarias, subglobosas, densamente pilosas, e sen dentes.

Distribución e hábitat Encóntrase no oeste da Rexión Mediterránea. Vive en pasteiros húmidos en zonas arxilosas temporalmente encharcadas. Esporula en primavera. Declarado CR (en perigro crítico) na Lista vermalla de Andalucía, e VU (vulnerábel) na Lista vermella nacional de España de 2008.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que Pilularia minuta ten unha área de dispersión moi pequena e moi fragmentada, e que a súa poboación está diminuíndo como resultado de moitas ameazas antrópicas sobre o seu hábitat, cujalifica o status deste especie como EN (en perigo).Rhazi, L., Grillas, P. & Rhazi, M. (2010): Pilularia minuta na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 18 de marzo de 2021.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bonnier, Gaston & de Layens, Georges (1894): Tableaux synoptiques des plantes vasculaires de la Flore de la France: 5289 figures représentant les caractères de toutes les espèces qui sont décrites sans mots techniques et une carte des régions de la France . Paris: Paul Dupont. Castroviejo, S., Aedo, C., Lainz, M., Morales, R., Muñoz Garmendia, F., Nieto Feliner, G. & Paiva, J., eds. (1990): Flora Iberica. Volume 2. Madrid: Real Jardín Botánico, CSIC. ISBN 84-0007-034-8. Kuntze, Carl Ernst Otto (1891): Revisio generum plantarum vascularium omnium atque cellularium multarum secundum leges nomenclaturae internationales cum enumeratione plantarum exoticarum in itinere mundi collectarum, Vol. II. Leipzig: Arthur Felix.

Outros artigos Salviniales Marsileáceas Pilularia

Categoría:Salviniales Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1848