Non te amola! é un libro de Xela Arias, de dezaseis capítulos, o único de narrativa da poeta. En 2021 foi publicado en dúas edicións distintas: en edición non venal polo Consello da Cultura Galega, con limiar de Rosario Álvarez Blanco, estudo de Ana Iglesias da Universidade de Vigo e sete ilustracións de Bea Gregores,Non te amola! na páxina web do Consello da Cultura Galega. e, no mesmo ano, pola Editorial Galaxia, con ilustracións de Luz Beloso, na colección Libros para Compartir."A Editorial Galaxia publicará en marzo un libro inédito de Xela Arias" 19/2/2021.
Índice Componse de 16 capítulos:Presentación de 'Non te amola!', libro inédito e narrativo de Xela Arias (16/3/2021). Televisión de Galicia. "Agora na primavera fixen nove anos" "Andei investigando que facer" "Meu avó Pedro baixaba na bicicleta" "Vou contar de min" "Mandáronme coa tía Irene" "O avó Manuel pelexou cos lobos" "Esa navalla de mango negro" "A neve é friísima" "Os avós van ser coma o cine" "Non sei por que se empeñan en saber" "Os meus pais cumpriron a súa palabra" "Carlota quere facerse tendeira" "Hai un monstro no váter" "Estivemos na festa da alameda" "Vou ser vella" "Pensei que escribir un libro podía ser unha causa ben inútil"
Notas
Véxase tamén Outros artigos Darío a diario Ligazóns externas Non te amola! no sitio web de Galaxia.
Categoría:Xela Arias Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2021 Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Novelas ambientadas en Galicia