Iván Ivánovich Martínov (en ruso Иван Иванович Мартынов), tamén coñecido na bibliografía internacional como Iván Martýnovich Martýnov, Ivan Ivanovich Martynov e Jean Martinoff, nado en 1771 en Perevolochna, rexión de Poltava, e finado o 1 de novembro de 1833 en San Petersburgo,Дризен Николай Васильевич: Мартынов (Иван Иванович) [Drizen Nikolay Vasilievich: Martynov (Ivan Ivanovich)]. En: Dicionario Enciclopédico Efron & Brockhaus. XVIIIa, 1896, p. 701 . (Wikisource). Consultado o 20 de marzo de 2021. foi un filólogo, tradutor, botánico e profesor universitario ruso,

Traxectoria Fillo dun sacerdote, Martynov, estudou no Seminario Teolóxico de Vladimir, en Poltava, onde se graduoi en 1788, e despois estudou na Academia Teolóxica de {San Petersburgo, na que se graduou en 1792. Traballou como profesor de grego antigo, e despois tamén ensinou gramática latina, poesía e retórica. Máis tarde entrou a traballar ao servizo da Chancelería do Colexio de Relaciónes Exteriores do Goberno en San Petersburgo. En 1796 comezou a publicar na revista Musa, xunto co poeta Gavrila Derzhavin, entre outros.

En 1797 Martínov foi nomeado profesor de lingua rusa e xeografía no Instituto Smolny para doncelas nobres.Bisha, Robin (2002): Russian Women, 1698-1917 Experience and Expression: An Anthology of Sources. Bloomington, Indiana: Indiana University Press. ISBN 978-0-2532-1523-9, pp. 162-163. Para os estadistas Nikolai Nikoláieivich Novosíltsov e Alexander Sergueivich Stroganov, Martínov realizou moitas traducións. En 1803 foi nomeado director xeral no Ministerio de Educación Popular. Promoveu o establecemento de moitas institucións educativas, incluído o Instituto de Pedagoxía, onde ditou unha conferencia sobre estética.Иван Иванович Мартынов . De 1804 a 1805 publicou a revista mensual Sewerny Westnik.Северный Вестник. En: Dicionario Enciclopédico Efron & Brockhaus. XXXII, 1901, p. 253. . (Wikisource). Consultado o 20 de marzo de 2021. En 1806 escribiu un Contrato social sobre a censura.

Martínov foi un botánico especialista nas espermatófitas. A súa obra máis importante neste campo foi o Dicionario de terminoloxía e nomenclatura botánica, publicado en 1820.Техно-ботанический словарь на латинском и российском языках, составленный Иваном Мартыновым. тип. Имп Рос. Акад., San Petersburgo, 1820. . Neste dicionario usou terminoloxía latina e rusa, baseada no francés.

Nesta obra hai catro rexistros das sus identificaciónes e nomenclatura taxonómica: Asteraceae Martinov - Tekhno-Bot. Slovar 55. 1820 Avenaceae Martinov - Tekhno-Bot. Slovar 60. 1820 Andropogonaceae Martinov - Tekhno-Bot. Slovar 28. 1820 Prunaceae Martinov - Tekhno-Bot. Slovar 511. 1820

Nunha nova edición deste traballo de 1990, tivose en conta a autoría dalgúns taxons de alto rango, que se cambiaron a favor de Martínov. Moitas especies da familia de plantas Asteraceae levaban o nome de Martínov (hoxe, por decisión do Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas, atribúense a Friedrich von Berchtold e a Karel Bořivoj Presl no seu lugar.Asteraceae Bercht. & J. Presl en Tropicos. Consultado o 20 de marzo de 2021. Avenaceae Martinov (agora considérase sinónimo de Poaceae), Andropogonaceae Martinov (agora tamén se considera sinónimo de Poaceae), Prunaceae Martinov,Prunaceae Martinov en Tropicos]. Consultado o 20 de marzo de 2021.</ref> (agora considérase sinónimo de Rosaceae) e Zingiberaceae, moitos autores considérana descrita por Martínov,Angiosperm Phylogeny Group (2009): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society. 161 (2): 105–121.Zingiberaceae Martinov no GBIF. aínda qude algúns atrubúenlla a John Lindley.Elspeth Haston, James E. Richardson, Peter F. Stevens, Mark W. Chase & David J. Harris (2009): The Linear Angiosperm Phylogeny Group (LAPG) III: a linear sequence of the families in APG III Botanical Journal of the Linnean Society, 161 (2): 128-131.

De 1823 a 1829 Martínov publicou 26 volumes con traducións de obras dos clásicos gregos Sófocles, Homero, Herodoto, Píndaro e outros, engadindo extensas explicacións históricas e filolóxicas ás traducións. Traduciu os versos á prosa coa excepción dos versos de Anacreonte, que traduciu en verso branco.

Abreviatura A abreviatura Martinov emprégase para recoñecer a Iván Martínov como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Martinov, Ivan Ivanovič (1771-1833) no IPNI.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obras de e sobre Martínov