miniatura|Mapa da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. O seu territorio coincide co da provincia de Ourense, e divídese en tres distritos sanitarios: o Distrito sanitario de Ourense, ao oeste da provincia, o Distrito sanitario do Barco de Valdeorras ao nordés da provincia, e o Distrito sanitario de Verín ao sueste.
O Distrito sanitario de Ourense abrangue os seguintes concellos: Allariz, Amoeiro, A Arnoia, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, O Castro de Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, Gomesende, O Irixo, Leiro, Lobeira,Lobios, Maceda, Maside, Melón, A Merca, Montederramo, Muíños, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Piñor, Pontedeva, Porqueira, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, San Xoán de Río, Sarreaus, Taboadela, A Teixeira, Toén, Trasmiras, Verea, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. Por outra banda, o Distrito sanitario do Barco de Valdeorras esténdese polos concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Manzaneda, Petín, A Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras e Viana do Bolo. Por último, os concellos do Distrito sanitario de Verín son Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, O Riós, Verín, Vilardevós e Vilariño de Conso.
O Distrito sanitario de Ourense conta co Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 240.820 cidadáns con tarxeta sanitaria. O Distrito sanitario do Barco de Valdeorras conta pola súa banda co Hospital Público de Valdeorras que dá servizo aos 30.229 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito. Por último, no Distrito sanitario de Verín, o Hospital Público de Verín ten adscritas 26.097 tarxetas sanitarias.
Notas
Categoría:SERGAS Categoría:Provincia de Ourense