Ana Maria Teles Carreira é a embaixadora de Angola en Reino Unido. Ten unha licenciatura en Dereito, unha mestría en Estudos Diplomáticos da Academia Diplomática de Londres na Universidade de Westminster,e é diplomática de carreira no Servizo Exterior de Angola. Entre os cargos que ocupou no Ministerio de Relacións Exteriores atópanse o cargo de Directora de Asuntos Legais e Consulares e Directora para Asia e Oceanía. Traballou en Congo Brazzaville como conselleira e foi Embaixadora na India e Embaixadora non residente en Tailandia. Foi acreditada ante o Tribunal de St. James en novembro de 2005. Tamén é Embaixadora non residente en Irlanda.
Notas
Categoría:Nados en Angola Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Embaixadores Categoría:Políticos de Angola