Manuel Cajaraville Pensado, nado en Negreira o 23 de xaneiro de 1926, e finado na Coruña o 26 de setembro de 1999, foi un coreógrafo, folclorista e mestre de baile tradicional galego.
Traxectoria Iniciouse no baile tradicional desde moi novo nas romarías e foliadas da súa Negreira natal. Despois da guerra civil emigrou á Coruña onde, após gañar o primeiro concurso de baile da Romaría de Santa Margarida, ingresou como bailador no coro Cantigas da Terra.
Desde a década dos setenta percorreu Galiza facendo recolleitas de música e baile por vilas e aldeas. Froito destes traballos recuperou na vila de Muros un baile case esquecido, o fandango, e coñeceu no concello de Malpica de Bergantiños ás pandeireteiras da vila de Mens. Cativado pola música, incorporounas ao espectáculo da Agrupación Folklórica Aturuxo, da que era por aquel entón director artístico. O éxito das pandeireteiras de Mens fixo que axiña xurdisen outros grupos de pandeireteiras dentro e fóra das agrupacións folclóricas.
Foi condecorado coa medalla Marcial del Adalid da Real Academia Galega de Belas Artes. Finou na Coruña en 1999.
Obra
Debullando folklore (La Voz de Galicia, 1983)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1926 Categoría:Coreógrafos Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Finados en 1999