A cidade das mulleres (La Cité des dames) é unha obra literaria terminada en 1405, quizais a obra máis famosa da poeta francesa Christine de Pizan. Está considerada unha obra clave na Querela das mulleres. O libro é a resposta de Pizan ao popular Roman de la Rose, de Guillaume de Lorris, que acabara Jean de Meung. As afirmacións que hai no Roman de la Rose sobre as mulleres son combatidas por Pizan mediante unha cidade alegórica: Pizan defende as mulleres citando unha ampla gama de figuras femininas ilustres, que estarán «aloxadas» na cidade das mulleres. A medida que Pizan constrúe a súa cidade, nomea mulleres ilustres para defenderse dos argumentos misóxinos vertidos por numerosos e sabios autores. Cada muller nomeada vai ser un exemplo desa contraargumentación. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:1405

Categoría:Alegorías Categoría:Historia do feminismo Categoría:Novelas en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego Categoría:Literatura de Francia Categoría:Literatura medieval Categoría:Obras literarias de 1405