Lisa Kathleen Phillips é unha diplomática británica que traballou como Gobernadora de Santa Elena, Ascensión e Tristán de Acuña desde 2016 até 2019. LISA PHILLIPS SWORN IN AS GOVERNOR OF ST HELENA, ASCENSION ISLAND AND TRISTAN DA CUNHA. St Helena Government, 25 de abril de 2016. Tras 359 anos de dominación británica, Phillips converteuse na primeira muller no posto.

Traxectoria Desde 1988 formou parte do programa británico de Axuda Oficial ao Desenvolvemento en Barbados, India, Sri Lanka e Indonesia. Desde 1996 traballou para o Departamento de Desenvolvemento Internacional (DFID) do goberno británico. Entre 2002 e 2004 foi xerente do Programa UNICEF e Mancomunidade de Nacións do Departamento de Nacións Unidas e Mancomunidade de Nacións.

Logo retornou ao DFIF onde en 2006 foi designada titular do equipo de Políticas Migratorias e Invesitagción, en 2009 xefa de gabinete da Dirección de Políticas e Investigación e en 2011 xefa do Departamento de Gobernabilidade e Estados Fráxiles. En 2013 foi designada como xefa da oficina do DFID en Kenya, onde traballou até 2016.

Foi nomeada Comendadora da Orde do Imperio Británico nas honras dos aniversarios da raíña Isabel II de 2016 polos seus servizos de axuda internacional.The London Gazette: (Supplement) no. 61608. p. B9. 11 de xuño de 2016.

En canto á súa vida persoal, ten un fillo.

Notas

Categoría:Diplomáticos do Reino Unido