Patricia Buján Outeiro,En fontes biliográficas anteriores a 2021 figuraba con Otero como segundo apelido, no canto de Outeiro: https://www.kalandraka.com/o-perfume-galego.html nada en Santeles (A Estrada) en 1976, é unha docente, editora e tradutora galega.

Traxectoria Licenciada en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo no ano 1998, especializouse na combinación de linguas alemá e inglesa cara ao galego e ao castelán. É así mesmo profesora asociada desa universidade, no departamento de Tradución e Lingüística.Ficha, Uvigo.gal.

Foi presidenta da AGPTI entre 2012 e 2016. En novembro dese ano entrou a formar parte do equipo editorial de Catro Ventos, en labores tanto de edición como de tradución.

Como tradutora, verteu ao galego obras de Stefan Zweig, Rachel Carson ou George Steiner.Ficha biográfica en uvigo.es. Realizou traballos para diversas editoriais galegas, entre as cales se contan Edicións Xerais de GaliciaPerfil, dialnet.unirioja.es ., Galaxia ou Irmás Cartoné.

Obra Novela de xadrez, Stefan Zweig, traducido conxuntamente con Saleta Fernández Fernández (Ir Indo, 2004) A medición do mundo, Daniel Kehlmann (Editorial Galaxia, 2006) Ningún bico para mamá, Tomi Ungerer (Edicións Xerais de Galicia, 2007) Así comezou todo, Jürg Schubiger / Franz Hohler (Edicións Xerais de Galicia, 2007) O retorno, Bernhard Schlink (Editorial Galaxia, 2008) O pequeno señor Paul, Martin Baltscheit (Edicións Xerais de Galicia, 2008) A fama: novela en nove historias, Daniel Kehlmann (Editorial Galaxia, 2009) George Steiner en The New Yorker, George Steiner, traducido conxuntamente con Lara Domínguez e Saleta Fernández (Edicións Xerais de Galicia, 2010) Ás veces quero morrer coa risa, Birgit Schlieper / Nina Stahl (Editorial Galaxia, 2013) Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral, Albert Einstein (Consello da Cultura Galega, 2017) Mocidade sen deus, Ödön von Horváth (Irmás Cartoné, 2018) Novela de xadrez, Stefan Zweig, traducido conxuntamente con Saleta Fernández Fernández (Irmás Cartoné, 2018) O libro dos océanos. Que ameaza o mar, Esther Gonstalla (Catro Ventos Editora, 2018) O sentido do abraio. A celebración da natureza para persoas de todas as idades, Rachel Carson (Catro Ventos Editora, 2019) Feminismo para o 99 %. Un manifesto, Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser (Catro Ventos Editora, 2019) O libro do clima. Todo o que cómpre saber sobre o cambio climático, Esther Gonstalla (Catro Ventos Editora, 2020) A degradación invisible do solo, Gerd M. Neugebauer (Catro Ventos Editora, 2020) E agora que, homiño?, Hans Fallada (Irmás Cartoné, 2020) O perfume, Patrick Süskind (Faktoría K, 2021). Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia, Han Byung-Chul (Catro Ventos Editora, 2022). Que fai o mosquito por nós?, de Frauke Fischer e Hilke Oberhansberg (Catro Ventos Editora, 2022).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do persoeiro. Perfil en LinkedIn .

Categoría:Nados na Estrada Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores do galego Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes