Vlora Çitaku, nada en Podujeva o 10 de outubro de 1980, é unha política e diplomática kosovar que actualmente serve como embaixadora da República de Kosovo nos Estados UnidosTwitterGuide to Women Leaders Anteriormente serviu como Cónsul Xeral de Kosovo en Nova York.
Antes de unirse á diplomacia de Kosovo, Vlora serviu como Ministra para a integración europea da República de Kosovo. Foi notable ao destacarse como unha das ministras máis exitosas entre 2011 a 2014 do goberno de Kosovo. Renunciou ó seu escano de deputada na Asemblea de Kosovo ó asumir o cargo gobernamental, que gañou como un dos tres candidatos máis votados.
Traxectoria Vlora era só unha adolescente cando debutou como intérprete e cronista para un importante xornal occidental a inicios da guerra de Kosovo. Máis tarde converteuse en refuxiada durante a guerra de Kosovo e implicouse coa política desde 1999. Inicialmente foi portavoz do KLA e uniuse ó PDK despois da formación do partido no Kosovo da posguerra. Foi deputada ó Parlamento en dous mandatos. Afirma que superou os estereotipos en política de que hai que ser vello e home."Profile: Vlora Citaku- Kosovo's new challenge" kijacnews.net 2 de marzo de 2010 visto 21 de febreiro de 2011
Foi Ministra Asuntos Exteriores en funcións entre o 18 de outubro de 2010 e 22 de febreiro de 2011.Minister Hyseni handed over the duty of the Foreign Minister, Ministry of Foreign Affairs of the Republic of Kosovo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O seu perfil na Asemblea de Kosovo
Categoría:Políticos de Kosovo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Kosovo Categoría:Embaixadores