Grace Naledi Mandisa Pandor (de solteira, Matthews), nada en Durban o 7 de decembro de 1953, é unha política surafricana, ministra de relacións internacionais e cooperación desde maio de 2019.
Traballou anteriormente como ministra de educación superior de Suráfrica, desde o 28 de febreiro de 2018 até maio de 2019, ocupando previamente o cargo de ministra de educación desde 2009 até 2012. Foi ministra de asuntos internos entre 2012 e 2014. Entre 1999 e 2004 presidiu a cámara alta do Parlamento de Suráfrica.
Traxectoria
Primeiros anos, educación e familia É neta de Z.K. Matthews, mestre e reformista anti-apartheid, foi membro e presidente do Congreso Nacional Africano na Provincia do Cabo. É filla de Joe Matthews, avogado e activista contra o apartheid.
Asistiu á Universidade de Botsuana, e obtivo unha mestría en educación na Universidade de Londres e outra en lingüística na Universidade de Stellenbosch. En 2019 obtivo un doutoramento en educación da Universidade de Pretoria.
Casada con Joseph Pandor, ten catro fillos.
Carreira Foi docente na Escola Ernest Bevin, a Escola de Educación Taung, a Universidade de Bophuthatswana e a Universidade de Cidade do Cabo.
Foi elixida membro do Parlamento de Suráfrica en 1994, integrando o comité de educación.
Foi nomeada Presidenta do Consello Nacional das Provincias (cámara alta) polo presidente Thabo Mbeki en 1999. Foi ministra de educación desde 2004 até 2009 baixo as presidencias de Thabo Mbeki e Kgalema Motlanthe. Supervisou unha revisión completa do sistema de educación baixo o seu cargo e propuxo reformas para o fracaso percibido do país na aplicación da educación baseada en resultados.
Foi nomeada ministra de ciencia e tecnoloxía en maio de 2009 polo presidente Jacob Zuma, traballando para a instalación do radiotelescopio Square Kilometre Array (SKA) no Karoo.
O 2 de outubro de 2012, o presidente Zuma nomeouna ministra de asuntos internos despois de que a súa predecesora, Nkosazana Dlamini-Zuma, renunciou para asumir o seu cargo como presidenta da Comisión da Unión Africana. Trala reelección de Zuma en 2014, regresou ao ministerio de ciencia e tecnoloxía.
En marzo de 2017, cuestionou ao Congreso Nacional Africano por non aplicar unha decisión adoptada polo comité executivo nacional en 2016 para examinar os estilos de vida dos líderes dos partidos.
O 29 de maio de 2019, o presidente Cyril Ramaphosa designouna ministra de relacións internacionais e cooperación, sucedendo a Lindiwe Sisulu. Pandor previamente fora ministra de educación e superior no gabinete de Ramaphosa.
Notas
Categoría:Nados en Durban Categoría:Alumnos da Universidade de Stellenbosch Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Nados en 1953 Categoría:Políticos de Suráfrica