New Amsterdam é unha serie de televisión estadounidense de temática médica e xénero dramático. Está baseada no libro Twelve Patients: Life and Death at Bellevue Hospital de Eric Manheimer, e a serie estreouse orixinalmente o 25 de setembro de 2018 a través de NBC. Foi creada por David Schulner e está protagonizada por Ryan Eggold, Freema Agyeman, Janet Montgomery, Jocko Sims, Anupam Kher e Tyler Labine. En febreiro de 2019, anunciouse que a serie sería renovada para unha segunda tempada, a cal se estreou o 24 de setembro de 2019. En xaneiro de 2020, NBC renovou a serie para tres tempadas máis. A terceira tempada estreouse o 2 de marzo de 2021.

Sinopse New Amsterdam conta a historia do doutor Max Goodwin, que se converte no director médico dun dos hospitais públicos máis antigos dos Estados Unidos, co obxectivo de reformar as instalacións abandonadas, rachando coa burocracia para achegar unha atención excepcional ós seus pacientes.

Personaxes Ryan Eggold como Dr. Maximus "Max" Goodwin Janet Montgomery como Dr. Lauren Bloom Freema Agyeman como Dr. Helen Sharpe Jocko Sims como Dr. Floyd Reynolds Tyler Labine como Dr. Ignatius "Iggy" Frome Anupam Kher como Dr. Vijay Kapoor

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018