O Defensor Sporting Club, é un club deportivo uruguaio da cidade de Montevideo. A actual entidade é o resultado da fusión en 1989 entre o Club Atlético Defensor (que contaba con división de fútbol e baloncesto nado en 1913) co Sporting Club (equipo de baloncesto nacido en 1910). En marzo de 2021 descendeu á Segunda División logo de 56 anos de permanencia na Primeira División.
Orixe esquerda|miniatura|Estadio Luis Franzini (Montevideo) O club ten unha importante vinculación cos barrios de Punta Carretas, onde se fundou o Defensor, e Parque Rodó, no que naceu o Sporting, de Montevideo. O nome de Defensor segundo se considera popularmente, en recoñecemento dos obreiros que defenderan unha folga dos traballadores dunha fábrica de vidro. Ademais dos equipos de baloncesto e fútbol profesional, o Defensor Sporting tamén é unha sociedade recreativa para os seus socios contando cun club social, piscina e outras instalacións a disposicións dos seus socios.
Palmarés Como equipo de fútbol:
Campionato do Uruguai de fúbtol: 1976, 1987, 1991, 2008 Campionato Federal do Uruguai (Baloncesto): 1934, 1936, 1938, 1949, 1950, 1951, 1955, 1980, 2003 Liga Uruguaia de Baloncesto: 2003, 2009-2010
Notas
Véxase tamén Web oficial do Defensor Sporting Club (en castelán).
Categoría:Equipos de fútbol do Uruguai Categoría:Montevideo Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1913