Samuel Peterson "P. J." Hairston Jr., nado o 24 de decembro de 1992 en Greensboro, Carolina do Norte, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria O 26 de xuño de 2014, Hairston foi seleccionado na 26ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Miami Heat, e foi traspasado inmediatamente ós Charlotte Hornets. O 30 de xuño de 2015, Hairston uniuse de novo ós Hornets para Liga de Verán da NBA de 2015.

O 16 de febreiro de 2016, Hairston foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos que tamén incluíu ós Miami Heat.

O 30 de setembro de 2016, Hairston asinou cos Houston Rockets, pero foi cortado o 24 de outubro de 2016. Sete días máis tarde, fichou polos Rio Grande Valley Vipers, o afiliado dos Rockets na NBA D-League.

Hairston anunciou a súa retirada coma xogador profesional en 2018, tras unha tempada sen xogar.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Greensboro, Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies