Susana Mataix Hidalgo, nada en Pontevedra o 19 de xaneiro de 1950, é unha escritora e matemática española, especializada na divulgación da Ciencia e as Matemáticas, e a súa relación coa literatura e a arte. Viviu o mundo da ciencia desde a súa infancia a través do seu pai o científico Mariano Mataix Lorda.

Traxectoria Mataix naceu en Pontevedra debido ao destino profesional do seu pai nese momento. Trasladouse a Barcelona para estudar Ciencias Exactas na Universidade de Barcelona no ano 1972, lugar no que se licenciou. Posteriormente trasladouse a vivir a Madrid, onde realizou un mestrado en Administración de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid no ano 1985. Nesta cidade viviu até o ano 2014, momento en que se trasladou a Alacante xunto ao seu marido, o político e tamén científico Eugenio Triana.

Leva traballado en empresas do sector enerxético e das telecomunicacións en Francia, os Estados Unidos e España.

Foi directora da Exposición “Procesos: Cultura e Novas Tecnoloxías” que inaugurou a primeira etapa do Centro de Arte Raíña Sofía de Madrid no ano 1986. Esta exposición internacional albergou obras de artistas traballando con tecnoloxía, dende os pioneiros, a artista Sonia Sheridan, o cineasta pioneiro José Val do Omar, o videoarte, a electrografía, a música electrónica, o debuxo asistido por ordenador etc.

Forma parte do comité técnico da Fundación García Cabrerizo que outorga premios a investigadores españois, e da xunta directiva da asociación sociocultural internacional dedicada á ciencia e a arte denominada ArSciencia. Esta asociación foi fundada no ano 2013 en Santiago de Compostela, España.

Publicacións Varios dos seus libros forman parte do programa de ensino das matemáticas en diversos centros, polo seu carácter divulgativo, a metade de camiño entre a ficción e a ciencia.

Pioneiras da física, a enxeñaría e a innovación. Xornadas: A muller na enxeñaría, 2011: páx. 9-14. ISBN: 978-84-9749-472-4

Dúo Matemático é unha obra compartida co seu pai o científico Mariano Mataix Lorda. ISBN 84-267-1005-0

Matemática es nombre de mujer publicouse no ano 1999. Este libro afonda nas testemuñas dalgunhas mulleres científicas e as dificultades que tiveron que superar para desenvolver as súas carreiras de investigación. Conta no libro unha historia novelada das matemáticas a través das confesións de oito mulleres que destacaron nesta disciplina. Dende Hypatia, unha profesora grega, á matemática alemá Emmy Noether, editorial Rubes ISBN 84-497-001 4-0

Lee a Julio Verne: El amor en tiempos de criptografía editorial Rubes ISBN:9788449700156.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Personalidades das matemáticas Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes