Wilhelm Heinrich Schwabacher, nado o 22 de xullo de 1897 en Frankfurt e finado o 30 de agosto de 1972 en Estocolmo, foi un numismático e arqueólogo xermano-sueco especializado na moeda da Antiga Grecia.Jensen, J. S. (2021). "Willy Schwabacher". Den Store Danske.

Traxectoria

Orixe familiar Schwabacher proviña dunha familia moi vinculada á numismática: o seu avó materno era o numismático e comerciante de moedas Adolph E. Cahn (1839-1918), e o seu pai era Heinrich Wilhelm Schwabacher (1852-1908), tamén comerciante numismático. Do mesmo xeito, os seus tíos Julius Cahn (1872-1935) e Ludwig Cahn (1877-1924), e os seus curmáns, Herbert A. Cahn (1915-2002) e Erich B. Cahn (1913-1993) se dedicaron tamén á numismática.Boehringer, C. (1973). Páxina 155. Kankeleit, A. (2019). Páxina 85.

Formación Logo de concluír o seu ensino secundario, Willy Schwabacher alistouse como soldado e participou na primeira guerra mundial, entre 1916 e 1918. Neste último ano comezou os seus estudos de Arquitectura na Universidade Técnica de Darmstadt e en 1921 ingresou na Universidade de Múnic para estudar Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Historia da Arte. En 1922 pasou un semestre na Universidade de Berlín, onde tivo a oportunidade de ter como profesor a Kurt Regling. O 31 de xullo de 1924 graduouse cunha memoria titulada Die Tetradrachmenprägung von Selinunt ("O relevo do tetradracma de Selinunte").Schwabacher, W. (1925). "Die Tetradrachmenprägung von Selinunt". En Mitteilungen der Bayerischen Numismatischen Gesellschaft, 43. Páxinas 1-89.Boehringer, C. (1973). Páxina 156.

Carreira Entre 1927 e 1930 traballou como asistente no Museo de Augsburgo. En 1931 traballou na catalogación de diversas coleccións de moedas, entre elas a da Biblioteca Universitaria Erlangen, a do Seminario de Filoloxía Clásica da Universidade de Erlangen e a do Museo de Historia Local de Öttingen. No bienio 1932-1933 Schwabacher viaxou por Italia, Grecia e Turquía, financiado por unha bolsa do Instituto Arqueolóxico Alemán. Os dous anos seguintes integrouse nunha escavación arqueolóxica promovida por esa institución en Kerameikos, Atenas. Por mor da súa confesión xudía, Schwabacher foi expulsado desa escavación en 1935.Boehringer, C. (1973). Páxina 157.

Inicialmente, do mesmo xeito que outros arqueólogos alemáns vítimas do nazismo, atopou refuxio no Instituto Arqueolóxico Austríaco de Atenas, onde participou en numerosas escavacións. En 1938 viaxou a Londres, como empregado de E. S. G. Robinson, e alí colaborou na publicación da colección privada R. Cyril Lockett, que deu lugar ao terceiro volume do Sylloge Nummorum Graecorum. Na primavera de 1939 viaxou a Dinamarca, cunha recomendación de George F. Hill e de E. S. G. Robinson para ingresar no Gabinete Real de Moedas (Königlichen Münzkabinett) en Copenhague, onde se fixo cargo da edición do Sylloge correspondente a esa colección. Cando a Gestapo iniciou a deportación de todos os xudeus residentes nesa cidade en outubro de 1943, Schwabacher foi rescatado pola resistencia danesa e conseguiu viaxar a Suecia.Boehringer, C. (1973). Páxina 158.Kankeleit, A. (2019). Páxina 90.

Neste país, en 1952 comezou a impartir docencia na Universidade de Estocolmo. Paralelamente, en 1954 comezou a traballar como conservador no Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntakabinettet) de Estocolmo e mantivo a súa vinculación laboral con ese gabinete ata a súa xubilación en 1963.Boehringer, C. (1973). Páxina 159.

Como docente, Schwabacher foi tamén profesor visitante no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton durante o curso 1965-1966.Boehringer, C. (1973). Páxina 161.

Willy Schwabacher casou en 1952 con Annemarie Rosenbaum Schoenlak, unha supervivente do Holocausto. En 1954 acadou a cidadanía sueca e permaneceu nese país ata a súa morte.

Recoñecementos Entre outras honras, Willy Schwabacher, foi recoñecido como membro honorario da Sociedade Suíza de Numismática, da Comisión Internacional de Numismática e da Royal Numismatic Society.

(1963): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1967): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.

Publicacións Willy Schwabacher foi un prolífico autor de artigos publicados nas máis reputadas revistas de numismática e arqueoloxía do seu tempo, e tamén dalgúns traballos monográficos:Westermark, U. (1967).Westermark, U. (1973)."Willy Schwabacher (1897-1972). Bibliographie". Coingallery.de"Willy Schwabacher". Deutschen Nationalbibliothek."Schwabacher, Willy 1897-1972 ". Digital Library Numis.

Escolma de monografías (1933). Die Voit von Salzburg'sche Münz- und Medaillensammlung der Universitätsbibliothek Erlangen. Kress & Hornung, Múnic. (1942-1944). Sylloge Nummorum Graecorum. The Royal Collection of Coins and Medals, Danish National Museum. Copenhague. (1942). Part I-III (ltaly), part VI (Thrace I). (1943). Part VII (Thrace II), part XI (Thessaly etc.), part XII (Epirus-Acarnania). (1944). Part XIII (Aetolia-Euboea), part XIV (Attica-Aegina), part XV (Corinth), part XVI (Phliasia-Laconia). (1958). Das Demareteion. Dorn, Bremen. (1962). Grekiska mynt ur Konung Gustaf VI Adolfs samling. Allhem, Malmö. (1964). Neue Methoden in der griechischen Münzforschung. C. Bloms boktr., Lund. (1974). Griechische Münzkunst. Kurze Kunstgeschichte an Beispielen aus der Sammlung S. M. Gustav VI. Adolf, König von Schweden. Von Zabern, Maguncia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Berghaus, P. (1977). "Willy Schwabacher, 22. Juli 1897 - 30. August 1972". En Hamburger Beiträge zur Numismatik. 24-26. 1970-1972. Páxinas 7-8. Berghaus, P. (1997). "Numismatiker im Porträt. 41. Willy Schwabacher, 22. Juli 1897 Frankfurt - 30. August 1972 Stockholm". En Geldgeschichtliche Nachrichten 32, 179. Páxinas 117-120. Boehringer, C. (1973). "Willy Schwabacher 22. Juli 1897 – 30. August 1972". En Schweizerische Numismatische Rundschau, 52. Páxinas 155-161. Boehringer, C. (2014). "Willy Schwabacher 1897-1972. Versuch eines Porträts". En Jahrbuch für Numismatik und Geldgeschichte, 64. Páxinas 301322. Ehling, K. (2012). "Schwabacher, Willy". En Kuhlmann, P.; Schneider, H. (eds.). Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon. Metzler, Stuttgart/Weimar Páxina 1.153. ISBN 978-3-476-02033-8 Kankeleit, A. (2019). "Athen, Griechenland. 'Copenhagen amüsiert sich, wie wohl stets, am Rand des Abgrunds'.Zwei deutsche Archäologen im Exil: Berta Segall und Willy Schwabacher im Mai 1939". En e-Forschungsberichte des DAI Fasc. 2. Páxinas 84-96. Mortensen, M. E. (1993). "Willy Schwabacher, Numismatiker". En Exil in Dänemark. Deutschsprachige Wissenschaftler, Künstler und Schriftsteller im dänischen Exil nach 1933. Heide. Páxinas 219-222. Rasmusson, N. L. (1967). "Willy Schwabacher 1897 - 22. Juli 1967". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad. Nordisk Numismatisk Union. Páxinas 145-147. Schiering, W. (1988). "Anhang". En Lullies, R.; Schiering, W. (eds.) Archäologenbildnisse. Porträts und Kurzbiographien von Klassischen Archäologen deutscher Sprache. Zabern, Maguncia. Páxina 333. ISBN 3-8053-0971-6 Westermark, U. (1967). "Willy Schwabacher. Bibliographie 1925-1967". En Schweizerische Numismatische Rundschau 46. Páxinas 5-24. Westermark, U. (1973). "Willy Schwabacher. Bibliographie 1968-1973". En Schweizerische Numismatische Rundschau 52. Páxinas 162-166.

Categoría:Nados en 1897 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Finados en 1972 Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Darmstadt Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Profesores da Universidade de Estocolmo Categoría:Suecos de ascendencia alemá