miniatura|alt=Logotipo da iniciativa TropaVerde|Logotipo da iniciativa TropaVerde. TropaVerde é unha plataforma web desenvolvida por TEIMAS Desenvolvemento o 17 de maio de 2015 que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, premiando de forma directa as boas accións medioambientais. Para cumprir este obxectivo conecta os tres actores necesarios:

A cidadanía As instalacións de reciclaxe colaboradoras onde a cidadanía deposita residuos Os comercios e establecementos de hostalaría colaboradores

Funcionamento Cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo nunha instalación de reciclaxe colaboradora, recibe un cheque con estrelas (puntos) que pode acumular na súa conta TropaVerde para trocalas cando desexen por descontos ou agasallos (recompensas) nos comercios e establecementos de hostalaría colaboradores. Ser instalación de reciclaxe colaboradora é gratuíto, así como ser cidadán ou cidadá participante. A participación dos comercios e establecementos de hostalaría é tamén gratuíta, á marxe das recompensas que cada empresa colaboradora decida ofertar á cidadanía a cambio das estrelas acumuladas.

Alcance Na actualidade TropaVerde ten tropas galegas activas en Santiago de Compostela, Lugo, Ames, Redondela, O Porriño, Marín, Vilagarcía de Arousa, Santa Comba e Cambados; así como tropas internacionais en Hungría, Francia, Portugal, Grecia e Polonia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web da TropaVerde A iniciativa «TropaVerde» recompensa as condutas de responsabilidade ambiental en El Correo Gallego do 20 de maio de 2015 A TropaVerde premia con descontos aos que colaboren na reciclaxe en La Voz de Galicia do 1 de xuño de 2015 Santiago premia el reciclaje con Tropaverde en La Voz de Galicia do 4 de xaneiro de 2021

Categoría:Sitios web