Carmen Domínguez Vaz, nada en Pontevedra o 5 de xaneiro de 1951 e finada en Madrid o 6 de abril de 2021, foi unha pintora galega.

Traxectoria Estudou Maxisterio por indicacións dos pais e, en 1968, marchou a París para estudar francés. Acudiu como oínte á Escola de Belas Artes onde entrou en contacto cun mundo artístico onde primaba a liberdade e aprendeu técnicas descoñecidas até ese momento. Na década de 1980, marchou a Rusia onde se deixou influír polo impresionismo.

En 1983 fixo a primeira exposición, colectiva, na que foi apadriñada por Laxeiro, sendo o presentador Xosé Filgueira Valverde.

Hai obra súa na Colección Afundación, no Museo Provincial de Pontevedra, nas Deputacións de Pontevedra e Lugo; na Pinacoteca de Granada; nos concellos de Baiona e A Coruña,Pinturas dependencias municipales Concello da Coruña. no Museo do Debuxo en Buenos Aires, no Casino Atlántico das Palmas de Gran Canaria e nas coleccións de diversas entidades privadas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Miguel Domínguez Vaz Ligazóns externas http://carmendominguez.com Bibliografía sobre a autora en pintoresgallegos.com

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes