Daniel Alejandro Vidal Pouse, tamén coñecido como Pollo Vidal, nado en Colonia, Uruguai, o 1 de abril de 1967, é un ex futbolista uruguaio, campión da Copa Libertadores en 1987 con Peñarol e un dos xogadores que participou no segundo quinquenio de ouro do equipo.
Traxectoria Aos 16 anos ingresou en Peñarol, e tras subir ao primeiro equipo gañou con el os Campionatos Uruguaios de Primeira División de 1985 e 1986, así como a Copa Libertadores de 1987. En xaneiro de 1988 recalou no fútbol español para defender as cores da UD Las Palmas. Disputou 128 encontros co club canario, anotando 35 goles. En mazo de 1992 rompeu o xeonllo nun partido contra o Málaga, poñendo fin á súa primeira etapa no club.
Tras recuperarse volveu a Peñarol, co que conquistou outras dúas veces a Primeira División Uruguaia, e en 1995 fichou por Independiente, co que conquistou a Supercopa Suramericana. En 1996 pasou polo River Plate de Montevideo, antes de volver a Canarias para pechar a súa carreira xogando de novo na UD Las Palmas.
Tras a súa retirada instalouse en Galicia coa súa familia. Rexentou unha cafetería en Vigo xunto ao tamén exfutbolista Pepe Rey e foi técnico dos infantís do Nigrán CF.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador FootballDataBase.eu . Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en NationalFootballTeams.com .
Categoría:Nados no departamento de Colonia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Xogadores do CA River Plate (Montevideo)