Asinus é un subxénero de Equus que abrangue varias subespecies dos équidos xeralmente coñecidos como asnos salvaxes, caracterizados por ter orellas longas, unha complexión delgada e de lombo recto, falta dunha verdadeira cernella, unha crina e cola bastas, e unha reputación de dureza e resistencia considerables.

O burro común é o representante máis coñecido do subxénero, tanto na súa variedade domesticada como a salvaxe. Entre as especies de asnos salvaxes, as que nunca foron domesticadas viven en Asia e África.

Taxonomia Xénero: Equus Subxénero: Asinus Asno salvaxe africano, Equus africanus Equus africanus africanus Equus africanus somaliensis Burro, Equus africanus asinus †Equus africanus atlanticus (extinto) Onagro ou asno salvaxe asiático, Equus hemionus Asno salvaxe mongol ou khulan, Equus hemionus hemionus Asno salvaxe indio ou khur, Equus hemionus khur Onagro turcomán, Equus hemionus kulan Omagro persa ou gur, Equus hemionus onager Asno salvaxe sirio ou achdari, †Equus hemionus hemippus (extinto) Zebro ou hydruntine, †Equus hemionus hydruntinus (extinto) Kiang ou asno salvaxe tibetano, Equus kiang Equus kiang kiang Equus kiang holdereri Equus kiang polyodon Equus kiang chu

Notas

Categoría:Equus