John Samuel Waters, Jr., nado en Baltimore o 22 de abril de 1946, é un director de cinema, actor, escritor e fotógrafo estadounidense. Tamén é profesor de Cinema e subcultura na European Graduate School. Fíxose coñecido a principios da década de 1970 polos seus filmes transgresores.
Traxectoria Infancia e mocidade Waters naceu en Baltimore, Maryland, fillo de John Samuel Waters (1916–2008), fabricante de equipos de protección contra incendios, e de Patricia Ann Waters, de solteira Whitaker (1924–2014). A súa familia era católica de clase media alta. Pola súa nai, é descendente de George Price Whitaker, da familia do ferro Whitaker.Afirmado en Finding Your Roots, 19 de xaneiro de 2021
Creceu en Lutherville, un suburbio de Baltimore. O seu amigo da infancia e musa Glenn Milstead, máis adiante coñecido como Divine, tamén vivía en Lutherville. Estudou no Calvert Hall College. Cando cumpriu dezaseis anos recibiu un agasallo de Stella Whitaker, a súa avoa materna, que foi definitivo: unha cámara de cinema.
Comezos O seu primeiro filme foi Hag in a Black Jacket. Segundo o propio Waters, só se mostrou nunha cafetería beatnik de Baltimore.
Estudou na Universidade de Nova York (NYU), mais non era o que esperaba:
En xaneiro de 1966, Waters e algúns amigos foron sorprendidos fumando marihuana nos xardíns da universidade e foron expulsados da súa residencia. Waters regresou a Baltimore, onde comezou a traballar no seu seguinte filme, Eat Your Makeup, que rodou máis tarde ese mesmo ano.
As primeiras obras de John Waters rodáronse na área de Baltimore coa participación de moitos actores locais, un grupo de transgresores coñecidos como os Dreamlanders. Ademais de Divine, o grupo incluía a Mink Stole, Cookie Mueller, Edith Massey, David Lochary ou Mary Vivian Pearce. Estes primeiros filmes foron dos primeiros distribuídos por New Line Cinema. Polo xeral estreábanse no Senator Theatre de Baltimore e ocasionalmente no Charles Theatre.
Os seus primeiros traballos presentaban, baixo unha estética marcadamente camp, personaxes encantadoras e indecentes en situacións escandalosas, acompañados de diálogos esaxerados e excéntricos. Tres clásicos desta época, Pink Flamingos, Female Trouble e Desperate Living, compoñen a "Triloxía do lixo", que violaba os límites do decoro, a convencionalidade e, por suposto, a censura cinematográfica. A escena final de Pink Flamingos fíxose particularmente famosa; engadida ao final do filme sen continuidade aparente coa trama pero si coa personaxe, rodouse nunha toma sen efectos especiais: un can pequeno defeca na rúa e Divine come os excrementos do animal.
Achegamento ao cine comercial En 1981 dirixiu o filme Polyester, protagonizada por Divine no papel de Francine Fishpaw, unha ama de casa con problemas de alcol, cun interese amoroso centrado Tod Tomorrow, interpretado polo antigo ídolo xuvenil Tab Hunter. Desde entón a narración nos seus filmes deixou de ser tan controvertida, achegándose ao estilo comercial dos estudios, mais sen perder a marca do autor e o xénero trash dos seus temas e personaxes. Así, obras como Hairspray, Cry-Baby ou Serial Mom conservan a acidez e a mensaxe crítica dos primeiros días cunha notable mellora na produción.
Hairspray, protagonizado por Ricki Lake, Divine, Ruth Brown, Sonny Bono e Deborah Harry, foi levado ao escenario en forma de musical, e converteuse nun grande éxito de Broadway, chegando aos premios Tony de 2003. O espectáculo teatral foi á súa vez adaptado ao cinema en 2007, con John Travolta no papel que anteriormente realizara Divine, Michelle Pfeiffer no de Debbie Harry e Queen Latifah no de Ruth Brown. O propio Waters realizou un cameo no filme. Cry-Baby tamén se transformou nun musical de Broadway.
No 2000 rodou con Melanie Griffith e Stephen Dorff Cecil B. Demented, e no 2004 lanzou a sátira sexual A Dirty Shame, tan irreverente como algúns dos seus primeiros traballos, protagonizada por Tracey Ullman, Johnny Knoxville, Chris Isaak e Selma Blair como unha especie de apóstolos das perversións sexuais.
Vida persoal Aínda que ten apartamentos en Nova York e (desde 2008) en San Francisco e unha casa de verán en Provincetown, Massachusetts, a súa residencia principal estivo toda a súa vida na súa cidade natal de Baltimore, Maryland. Todos os seus filmes están ambientados (e rodados) en Baltimore, moitas veces na veciñanza obreira de Hampden.
Abertamente homosexual, Waters é un destacado militante polos dereitos das persoas con diversidade sexual. Nunha entrevista de 2018, Waters indicou que aínda que mantén unha relación, ambos prefiren mantela en privado.John Waters Is Never Wrong
En 2009, Waters defendeu a liberdade condicional da antiga membro da familia Manson Leslie Van Houten. Dedicoulle un capítulo no seu libro Role Models (2010).
Filmografía Ano Título Acreditado como Notas Refs.DirectorGuionistaProdutorFotografíaMontaxe1964Hag in a Black Leather Jacket Curtametraxe1966Roman Candles Curtametraxe1968Eat Your Makeup Curtametraxe1969Mondo Trasho 1970The Diane Linkletter Story CurtametraxeMultiple Maniacs 1972Pink Flamingos 1974Female Trouble 1977Desperate Living 1981Polyester 1988Hairspray 1990Cry-Baby 1994Serial Mom 1998Pecker 2000Cecil B. Demented 2004A Dirty Shame 2007Hairspray Coprodutor e consultor
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Sitio web de Dreamland News con novas, ficheiros, filmografía, libros e historia European Graduate School Faculty
Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Nados en 1946 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Maryland Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Activistas LGBT dos Estados Unidos de América