Tessa Khan é unha avogada ambiental que reside en Reino Unido. Foi cofundadora e codirectora de Climate Litigation Network, que apoia casos legais relacionados coa mitigación do cambio climático e a xustiza climática.
Khan argumentou que gobernos nacionais favoreceron deliberadamente elevar os niveis de dióxido de carbono e dano causado á contorna, incluso como parte do caso climático de Irlanda, precedente de importancia mundial..
Traxectoria thumb|Tribunal Supremo dos Países Baixos, A Haia. Tessa Khan participou en campañas de promoción e defensa dos dereitos humanos.
En Tailandia traballou para unha organización sen fins de lucro que loitaba polos dereitos humanos das mulleres. Neste traballo convenceu a varias Comisións Nacionais de Dereitos Humanos para que aumentaran a protección extraterritorial dos dereitos humanos. Estes compromisos foron recollidos na Declaración de Bangkok sobre obrigas extraterritoriais.
Mentres estaba alí, en 2015, decatouse dun fallo xudicial da Haia que ordenaba ós Países Baixos reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. Inspirada polo caso, Khan mudouse a Londres para unirse ó equipo legal da Fundación Urgenda en 2016.
Khan cofundó a Rede de Litixios Climáticos coa Fundación Urgenda para apoiar casos climáticos en todo o mundo. Traballa como codirectora de Climate Litigation Network. A través da organización, axudou con éxito a grupos de activistas a demandar aos seus gobernos. Manexa casos en todo o mundo, incluídos Canadá, Países Baixos, Nova Zelandia, Noruega, Paquistán e Corea do Sur.
Apoiou casos nos Países Baixos e Irlanda que desafiaron con éxito a idoneidade dos plans gobernamentais para reducir as emisións. En decembro de 2019, no caso do Estado dos Países Baixos vs. Fundación Urgenda, o Tribunal Supremo dos Países Baixos ordenou ao goberno reducir a capacidade das centrais eléctricas de carbón e supervisar ó redor de 3000 millóns de euros en inversións para reducir as emisións de carbono. O éxito foi descrito por The Gardián como "o preito sobre o clima máis exitoso até a data."
En agosto de 2020, no que se coñece como Caso Climático de Irlanda, a Corte Suprema de Irlanda ditaminou que o seu goberno debe elaborar un plan novo e máis ambicioso para reducir a emisión de carbono. Irlanda ocupa o terceiro lugar en emisións de gases de efecto invernadoiro per cápita entre os países da Unión Europea.
Tessa Khan recibiu o premio Climate Breakthrough en 2018. Time incluíuna na súa lista de 2019 das 15 mulleres que lideran a loita contra o cambio climático.
Notas
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Ecoloxistas do Reino Unido Categoría:Avogados