O crioulo sanandresano é unha lingua crioula con base no inglés falada no arquipélago de San Andrés e Providencia, en Colombia. É moi semellante ó crioulo belizense e crioulo nicaraguano. O seu vocabulario procede principalmente do inglés, mais o crioulo de San Andrés e Providencia ten a súa propia fonética e expresións propias do castelán e de linguas africanas, particularmente das linguas kwa (como o twi e o ewe) e igbo. A lingua tamén é coñecida como "crioulo de San Andrés", "bende" e "crioulo inglés insular". O crioulo sanandresano está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Novo Testamento traducido ó crioulo San Andres Creole English

Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base inglesa