María Luísa de Borbón-Parma (en búlgaro: Мария-Луиза Бурбон-Пармск), nada en Roma o 17 de xaneiro de 1870 e finada en Sofía o 31 de xaneiro de 1899 foi unha aristócrata italiana, por nacemento princesa de Parma, por matrimonio con Fernando I de Bulgaria princesa consorte de Bulgaria e nai do tsar Boris III de Bulgaria.
Traxectoria Naceu en Roma e desde o momento do seu nacemento foi princesa de Parma, a pesar de que a súa familia fora expulsada de Parma anos antes.
Foi a filla máis vella de Roberto I de Parma e da súa primeira esposa, a princesa María Pía de Borbón-Dúas Sicilias. Por liña paterna era neta do duque Carlos III de Parma e da princesa Luísa de Borbón, mentres que por materna foino do rei Fernando II das Dúas Sicilias e da arquiduquesa María Tareixa de Austria-Teschen.
Matrimonio e descendencia A política europea do século XIX ditaba que pola súa condición de princesa, o seu matrimonio debía ser de útil para a súa familia, e para fortalecer as relacións con Bulgaria o seu pai negociou os esponsais co entón príncipe herdeiro daquel reino, Fernando de Saxonia-Coburgo-Gotha, que despois de falecer a súa muller e tras a abdicación do seu pai, foi tsar de Bulgaria, polo que María Luísa non foi tsarina, só princesa.
O matrimonio celebrouse o 20 de abril de 1893 en Vila Pianore, situada en Camaiore, Lucca (Italia), e residencia de Roberto I de Parma, pai da contraente. A pesar da polémica sobre o amaneiramento do esposo, o matrimonio non tardou en ter sucesión, e nove meses e dez días despois do enlace naceu o seu primeiro fillo, o príncipe Boris, ao que seguiron tres irmáns máis:
Boris III de Bulgaria (1894-1943), tsar de Bulgaria. Cirilo de Bulgaria (1895-1945), rexente de Bulgaria, que foi asasinado polos comunistas. Eudoxia de Bulgaria (1895-1985), morreu solteira. Nadezhda de Bulgaria (1899-1958), casou co duque Alberte Euxenio de Württemberg, de quen tivo descendencia.
Morreu en Sofía en 1899 tras dar a luz á súa cuarta filla, cando só contaba 29 anos de idade. Foi sepultada na catedral de San Lois de Francia, na cidade búlgara de Plovdiv e de relixión católica, pois María Luísa nunca abandonou a súa confesión católica en favor da ortodoxa propia do seu marido.
Distincións honoríficas
50x50px Dama gran cruz da Orde de Santo Alexandre (Principado de Bulgaria).
Devanceiros Devanceiros de María Luísa de Borbón-Parma</div>
Véxase tamén
Bibliografía Aronson, Theo (1986) Crowns in conflict: the triumph and the tragedy of European monarchy, 1910-1918, John Murray Publishers, Londres. ISBN 0-7195-4279-0 Constant, S. (1979) Foxy Ferdinand, 1861-1948, Tsar of Bulgaria, Sidgwick and Jackson, Londres. ISBN 0-283-98515-1
Categoría:Nados en Roma Categoría:Casa de Borbón-Parma Categoría:Finados en 1899 Categoría:Nados en 1870 Categoría:Nobres de Bulgaria