A lingua pisamira é unha lingua indíxena da familia tucana falada polo pobo pisamira, estabelecido no Resgardo Parte Oriental de Vaupés, en Colombia. Ethnologue identifícaa erradamente como un dialecto do tucano.Hammarström (2015) Ethnologue 16/17/18th editions: a comprehensive review: online appendices Segundo o censo de 2005 había uns 61 individuos do pobo pisamira, mais os adultos xa non transmiten a lingua aos nenos, que falan castelán habitualmente.Pisamira en ONIC O pisamira está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Fonoloxía O pisamira presenta seis vogais /a e i ɨ o u/ que poden ser orais ou nasais, e once fonemas consonánticos. Algunhas destas consoantes /g, t͡ʃ, r/ teñen unha distribución restrinxida e raramente ou nunca aparecen ao comezo das raíces das palabras.
+Fonemas consonánticos do pisamiraLabialApicalPalatalVelarGlotal Oclusivasxordasptksonorasbdg Aproximantes ʋʝh Africadast͡ʃ Vibrante Múltipler
Notas
Véxase tamén Bibliografía Campbell, Lyle. (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. . Kaufman, Terrence. (1990). Language history in South America: What we know and how to know more. In D. L. Payne (Ed.), Amazonian linguistics: Studies in lowland South American languages (pp. 13–67). Austin: University of Texas Press. . Kaufman, Terrence. (1994). The native languages of South America. In C. Mosley & R. E. Asher (Eds.), Atlas of the world's languages (pp. 46–76). Londres: Routledge.
Categoría:Linguas tucanas Categoría:Linguas de Colombia