Lista de disciplinas e subdisciplinas da Bioloxía (se cadra incompleta): Lista
Aerobioloxía: é a rama que estuda a distribución e os niveis de pole e fungos para o estudo e prevención de alerxias. Astrobioloxía: estuda a orixe e / ou a posíbel existencia de seres vivos máis alá do planeta Terra. Bioxeografía: ciencia que estuda a distribución dos seres vivos no espazo. Coroloxía: rama da bioxeografía que estuda a distribución dos seres vivos a partir de corotipos. Biofísica: estuda os procesos físicos que subxacen nos procesos biolóxicos. Bioquímica: estuda a composición e as reaccións químicas dos seres vivos. Bioinformática: é a aplicación de tecnoloxías computacionais á xestión e análise de datos biolóxicos. Bioenxeñaría: é a aplicación de metodoloxías de enxeñaría analítica e sintética para problemas biolóxicos. Bioxeoloxía: estuda as interaccións entre a biosfera terrestre e a litosfera. Biotecnoloxía: estuda a aplicación tecnolóxica que utiliza sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos. "Aplicación de principios de ciencia e enxeñaría para tratamentos de materiais orgánicos e inorgánicos por sistemas biolóxicos para producir bens e servizos" segundo a OCDE. Biolingüística: é o estudo da linguaxe natural desde unha perspectiva biolóxica e evolutiva. Biomecánica: estudar a mecánica nos seres vivos. Bioloxía ambiental: estuda a interacción dos seres vivos co ambiente. Bioloxía evolutiva: estuda os cambios biolóxicos dos seres vivos e do ascendente ou descendente común dos seres vivos. Filoxenia: é a rama da bioloxía evolutiva que trata a historia evolutiva dos organismos e as súas relacións de parentesco. Xenética de poboacións: estuda os cambios que se producen nas poboacións dunha especie. Bioloxía do desenvolvemento: estuda os procesos celulares que teñen lugar no desenvolvemento dun novo organismo a través da reprodución sexual. Embrioloxía: estuda o desenvolvemento de embrións a partir da fecundación do óvulo. Xerontoloxía: estuda o proceso de envellecemento nos seres vivos. Bioloxía mariña: disciplina que estuda os fenómenos biolóxicos no medio do mar. Bioloxía matemática: a bioloxía matemática estuda a construción de modelos de procesos biolóxicos empregando técnicas propias das matemáticas. Bioloxía médica: aplica o coñecemento da bioloxía á medicina. Bioloxía molecular: estuda os procesos biolóxicos a nivel molecular de todos os organismos. Bioloxía estrutural: rama da bioloxía molecular que estuda a composición das biomoléculas. Bioloxía molecular-celular: estuda os tipos de moléculas e as súas funcións que teñen nas células. Bioloxía sistemática: estuda a clasificación dos seres vivos. Dentro desta atopamos a Cladística (clasifica os seres vivos segundo as súas relacións filoxenéticas e evolutivas) e a Taxonomía (clasifica e ordena os seres vivos en categorías xerárquicas; dentro desta hai a Taxonomía dos mamíferos, etc.) Botánica: ciencia ou rama da bioloxía que estuda as plantas. Ramas desta son a Botánica pura, que é a que estuda as plantas no sentido estrito, a Ficoloxía: (ou algoloxía) é a rama da botánica que estuda as algas, a Fitopatoloxía: estuda as enfermidades das plantas e a Palinoloxía: estuda as esporas e o pole. Citoloxía: é o estudo que investiga as células. Bioloxía celular: rama da citoloxía especializada no estudo da estrutura e función das células. Citoxenética: estuda o comportamento dos cromosomas, a súa estrutura e as súas funcións, é dicir, a xenética celular. Citopatoloxía: inclúe o estudo das alteracións celulares, é dicir, das súas enfermidades. Citoquímica: é o estudo da bioloxía centrado na composición química das células e nos procesos biolóxicos das súas moléculas. Criobioloxía: estuda os efectos das baixas temperaturas nos seres vivos. Cronobioloxía: estuda fenómenos periódicos (cíclicos) ou ritmos biolóxicos en seres vivos. Ecoloxía: rama da bioloxía que estuda a relación dos seres vivos e o seu hábitat. Epidemioloxía: estuda como se propagan e afectan as enfermidades. Fisioloxía: estuda as funcións dos seres vivos como as funcións respiratorias, a circulación sanguínea, o sistema nervioso, etc. Inmunoloxía: estuda o sistema inmunitario dos seres vivos. Limnoloxía: é a ciencia que estuda os procesos nos ambientes dos lagos, estreitamente relacionados coa bioloxía. Organografía: a organografía é a parte da bioloxía que ten como obxectivo describir os órganos do vexetal Organografía: parte da bioloxía que ten por obxecto a descrición dos órganos de vexetais e animais. Ontoxenia: estuda a orixe dos seres vivos. Parasitoloxía: estuda os parasitos e parasitismo. Patoloxía: ciencia que estuda as enfermidades e axentes patóxenos. Psicobioloxía: estuda o comportamento e accións dos seres vivos. Paleobioloxía: parte da paleontoloxía e bioloxía que estudia os organismos que viviron no pasado. Paleobotánica: estuda os fósiles vexetais. Paleozooloxía: estuda os fósiles animais. Micropaleontoloxía: estuda os fósiles de microorganismos. Radiobioloxía: estuda os efectos que se producen en seres vivos tras a exposición a enerxía procedente de radiacións ionizantes. Sinecoloxía: estuda as relacións entre comunidades e entre os ecosistemas. Sociobioloxía: estuda a base biolóxica das relacións sociais entre animais. Microbioloxía: ciencia ou rama da bioloxía que estuda os microorganismos. Bacterioloxía: rama especializada en bacterias e arqueas. Micoloxía: rama que estuda os fungos. Protozooloxía ou prostitoloxía: rama da microbioloxía que estuda os protozoos e outros protistas. Viroloxía: rama da microbioloxía que estuda os virus e viroides. Morfoloxía: estuda a estructura e forma dos seres vivos. Anatomía: rama que estuda como se estructuran internamente os seres vivos e seus órganos. Histoloxía: estuda os tecidos que conforman os seres vivos. Toxicoloxía: estuda os tóxicos que afectan aos seres vivos. Xenética: a ciencia que estuda os xenes, a súa herdanza, reparación e expresión. Xenética molecular: estuda a estrutura e función dos xenes a nivel molecular. Xenómica: estuda a composición dos xenomas. Metaxenómica ou xenómica ambiental. Epixenética: é o estudo dos mecanismos que regulan a expresión de xenes sen modificacións na secuencia de ADN. Zooloxía: disciplina derivada da bioloxía que estuda a vida animal. Aracnoloxía: rama de la zooloxía que estuda os arácnidos. Entomoloxía: rama da zooloxía que estuda os insectos. Etoloxía: rama da bioloxía e psicoloxía que estuda o comportamento dos animais. Herpetoloxía: rama da zooloxía que estuda os reptiles e anfibios. Ictioloxía: rama que estuda os peixes. Ornitoloxía: rama da zooloxía que estuda as aves. Mastozooloxía ou terioloxía: rama da zooloxía que estuda os mamíferos. Malacoloxía: rama da zooloxía que estuda os moluscos.
Categoría:Listas de bioloxía