Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band foi o oitavo álbum dos Beatles. Frecuentemente considerado o álbum de rock máis importante do todos os tempos por críticos e publicacións, como a revista Rolling Stone. Gravouse nun período de 129 días a contar desde o 6 de decembro de 1966 e saíu ó mercado o 1 de xuño de 1967 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos, obtendo un inmediato éxito popular.
Durante as sesións de gravación de Sgt. Pepper's, o grupo mellorou a calidade da produción musical mentres exploraba técnicas experimentais de gravación. O enfoque innovador do produtor George Martin incluía o uso dunha orquestra. As cancións do álbum van dende o music hall, o rock and roll e o pop ata a música tradicional hindú. Amplamente aclamada e imitada, a portada do disco, deseñada polos artistas pop ingleses Peter Blake e Jann Haworth, inspirouse nun bosquexo de Paul McCartney onde a banda posaba diante dun collage con algúns dos seus famosos favoritos.
Relevancia Social O álbum foi publicado o primeiro de xuño do ano 1967, xusto antes do comezo do verán. O espírito das drogas alucinóxenas e da fraternidade converxeron para dar lugar ao que se coñeceu coma o Verán do amor. O movemento hippy, no seu apoxeo naquel momento, viuse enormemente influenciado por este álbum e o sinxelo All You Need Is Love, tamén dos Beatles. Ademais, a portada do, coloquialmente coñecido coma Sgt. Pepper's, foi imitada en numerosas ocasións. Tamén as súas cancións foron versionadas, salientando a versión de Lucy in the Sky with Diamonds do artista Elton John, que acadou o número 1 en varias listas ao redor do mundo.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de The Beatles Categoría:Álbums musicais de 1967 Categoría:Álbums producidos por George Martin Categoría:Álbums de Parlophone