Ricardo Bértola foi un político e escritor galego.

Traxectoria

Participou en Pontevedra en actos obreiros dende 1916.La Correspondencia Gallega, 23-1-1916, p. 1. Foi elixido presidente da sociedade deportiva España C. F. para 1917.La Correspondencia Gallega, 24-12-1916, p. 3. Participou na velada organizada pola Juventud Socialista en agosto de 1918 para conmemorar o primeiro aniversario da folga xeral de agosto de 1917, xunto a Valeriano Barros Iglesias, Dionisio Quintillán Cardesín, Francisco Otero Juncal e José Gómez Osorio.* Foi elixido presidente da Juventud Socialista de Pontevedra en 1918.Acción Obrera, 3-8-1918, p. 4. Cesou no cargo ao marchar a Barcelona en 1920.Aurora, 15-3-1920, p. 9. En Barcelona traballou como empregado dos tranvías. Integrouse na Casa de Galicia de Barcelona, da que foi elixido secretario en 1930.El Ideal Gallego, 19-9-1930, p. 2. En 1931 estreouse na Casa de Galicia a súa comedia Nobleza gallega.La Vanguardia, 30-4-1931, p. 19.

Vida persoal

Casou con Peregrina Cabaleiro e foi pai de Pilar Bértola Cabaleiro. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pilarcita Bértola, poetisa y rapsoda

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en ano descoñecido