A torre de observación de Pyynikki (en finés Pyynikin näkötorni) é unha torre de observación de 26 metros de altura situada en Pyynikinharju, na cidade de Tampere (Finlandia). Foi deseñada por Vilho Kolhon e está situada a 152 metros de altura. A torre foi construída en granito vermello procedente de Åland. Ao seu pé encóntrase a Pyynikin Munkkikahvila, unha cafetería famosa polas súas rosquillas.
Notas
Categoría:Edificacións de Tampere Categoría:Torres