G_d's Pee at State's End! é o sétimo álbum de estudio da banda canadense de post-rock Godspeed You! Black Emperor, publicado o 2 de abril de 2021 a través do selo Constellation Records.

Listaxe de cancións O álbum está formado por un LP de 12 polgadas e outrodisco de 10 polgadas. Ten un total de catro pezas, dúas longas e dúas curtas, unha estrutura usada pola banda nos álbums anteriores 'Allelujah! Don't Bend! Ascend! e Asunder, Sweet and Other Distress.

Nalgúns servizos de streaming (Spotify, Tidal, Apple Music e Amazon Music), os cortes 1 e 3 da edición física están divididos en temas máis pequenos. Noutros servizos, como Bandcamp, mantense a listaxe da edición física.

Notas

Categoría:Álbums de Godspeed You! Black Emperor Categoría:Álbums musicais de 2021 Categoría:Álbums de Constellation Records