Aplothorax burchelli é unha especie de insecto coleóptero da suborde dos adéfagos, familia dos Carábidos, subfamilia dos carabinos e tribo dos carabinos.Aplothorax burchellii G.R.Waterhouse, 1842 no GBIF.

É o único membro do xénero monotípico Aplothorax.

É, ou era, endémico da illa de Santa Helena, no Atlántico sur. Crese que Aplothorax burchelli descende de escaravellos terrestres surafricanos que chegaron a Santa Helena no Plioceno.

Taxonomía Descrición Taanto o xénero como a especie foron descritas en 1841 polo naturalista inglés George Robert Waterhouse. (Ver a páxina).

Etimoloxías O nome científico do xénero, Aplotorax, está formado polos elementos aplo-, derivado do grego antigo ἁπλόος haplóos, "simple", "sinxelo",haplo- no Online Etymlogy Dictionary.hapl- no Merriam-Webster Dictionary e o termo do latín científico thorax, "tórax". Literalmente, "de tórax simple".

O epíteto específico, burchelli, e unha homenaxe que Waterhouse lle fixo ao seu compatriota o naturalista, ilustrador e explorador William John Burchell.

Nota taxonómica Sota e colaboradores investigaron a orixe deste escaravello terrestre xigante, posibelmente extinguido da illa de Santa Helena no Atlántico Sur. A especie situose inicialmente na subtribo Calosomina (= xénero Calosoma) da subfamilia dos carabinos, pero esta proposta foi cuestionada debido á súa eclusiva morfoloxía externa e xenital. Realizaron unha análise filoxenética de secuencias de do xenoma mitocondrial utilizando exemplares históricos de A. burchelli e mostras de especies representativas dos carabinos.Teiji Sota, Michio Hori, Clarke Scholtz, Gayane Karagyan, Hong-Bin Liang, Hiroshi Ikeda & Yasuoki Takami (2020): "The origin of the giant ground beetle Aplothorax burchelli on St Helena Island". Biological Journal of the Linnean Society 131 (1): 50–60. (Resume).

Características Aplothorax burchelli alcanzaba unha lonxitude de 29 a 38 mm. Non podía voar. A especie mostra similitudes cos escaravellos do xénero Carabus, dos que se diferenciab principalmente pola forma do pronoto, liso e curvo. A cabeza era grande e case tan ancha coma o pronoto. O escaravello era completamente negro. As antenas estaban engrosadas no medio e alongadas no terceiro segmento. As mandíbulas eran curtas e resistentes. As ás, semicilíndricas, eran planas e arredondadas na base. As patas eran longas, co pé anterior do macho non estendido.

Especie extinguida? Despois de que Thomas Vernon Wollaston buscase en balde a especie en 1875-76, considerouse extinta durante moito tempo, até que foi redescuberta, incluídas as larvas, en 1965-66 e 1967. Porén, ao buscala de novo en 1988 e 1993, non se atoparon máis exemplares.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lorenz, W. (2018): CarabCat: Global database of ground beetles (versión outubro de 2017). En: Roskov Y. et al. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life. Oldfield, S. (comp.) & D. Procter & L. V. Fleming, eds. (199): Biodiversity: the UK Overseas Territories. Peterborough, Cambridgeshire, Inglaterra, UK: Joint Nature Conservation Committee. ISBN 1-86107-502-2. Waterhouse, G. R. (1842): "Description of a Sub-Genus of Coleopterous Insects, closely allied to the Genus Carabus". Transactions of the Royal Entomological Society of London 3: 207–209.

Outros artigos Carábidos Carabinos Carabini

Ligazóns externas Aplothorax en Index to Organism Names (ION). NZ Nomenclator Zoologicus.

Categoría:Adephaga Categoría:Animais descritos en 1841