Let the Bad Times Roll é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock The Offspring, publicado o 16 de abril de 2021. Producido por by Bob Rock, trátase do primeiro lanzamento do grupo a través do selo Concord Records e do seu primeiro álbum de estudio en case nove anos tras editar Days Go By en 2012, sendo o espazo máis longo entre dous álbums de estudio de The Offspring. Let the Bad Times Roll tamén marca a estrea coa banda de Todd Morse, que substituíu o baixista orixinal Greg K. en 2019.
Os calendarios de xira, cambios na formación, problemas legais e a busca dun novo selo tras deixar Columbia Records, que editara os seus discos anteriores de The Offspring, contribuíron a un atraso de dous anos para Let the Bad Times Roll. A banda comezou a gravar material novo para o álbum con Rock no verán de 2013, e tras regravar en varios estudios e durante distintos períodos de tempo entre 2014 e 2019, o disco estivo rematado a principios de 2020 e estivo listo para ser editado a finais dese ano. Porén, debido á pandemia de COVID-19 o lanzamento atrasouse novamente ata 2021.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Offspring Categoría:Álbums musicais de 2021 Categoría:Álbums producidos por Bob Rock Categoría:Álbums de Concord Records