Ana Colovic Lesoska, nada c. 1979, é unha bióloga macedonia.

Traxectoria En 2011 comezou unha campaña contra a construción de diques para a produción de enerxía hidroeléctrica no Parque Nacional de Mavrovo, co fin de salvagardar as especies ameazadas, incluíndo o lince balcánico. Isto levou á retirada dos préstamos do Banco Mundial e o Banco europeo para Reconstrución e Desenvolvemento (EBRD), convencendo ao goberno de Macedonia do Norte de suspender as obras das presas no parque nacional.

A bióloga Colovic Lesoska, escoitou falar en 2010 dos plans para crear instalacións hidroeléctricas en Mavrovo. Entre elas, a presa de Boškov Most, de 33 metros de altura e a presa de Lukovo Pole, de 70 metros de altura. Como directora executiva do centro de investigación ambiental macedonio Eko-svest, en colaboración con outra ONG e activistas, lanzou a campaña "Salvar Mavrovo". En novembro de 2011, presentou unha queixa ante o ERBD, explicando que aprobaran un préstamo para o proxecto Boškov Mostsin sen realizar a avaliación medioambiental requirida. Animou ás embaixadas con representantes no consello de administración do EBRD a meter presión para pór fin ao financiamento. Unha petición que lanzou instando o goberno, ao ERBD e ao Banco Mundial para pór fin a eses proxectos conseguiu preto de 100 000 firmas. miniatura|Parque nacional Mavrovo. En 2013, presentou unha queixa ante o Convenio de Berna sobre a conservación da vida silvestre e os hábitats naturais europeos, explicando que o proxecto hidroeléctrico de Boškov Most "podería ter un impacto negativo decisivo no lince". En decembro de 2015, o Convenio de Berna ordenou ao ERBD e ao Banco Mundial suspender o financiamento xa que o proxecto podería ter "un impacto negativo decisivo sobre o lince". O Banco Mundial retirou inmediatamente o financiamento e, o mes de maio seguinte, unha decisión xudicial anulou o permiso ambiental do proxecto Boškov Most. En xaneiro de 2017, o BERD cancelou o financiamento.

Recoñecementos En recoñecemento aos seus esforzos e logros, en abril de 2019 Ana Colovic Lesoska foi unha das seis persoas galardoadas co Premio ambiental Goldman. Foi a primeira vez que se concedeu este premio a Macedonia do Norte.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ana Colovic-Lesoska perfil en Linkedin Ana Colovic Lesoska, 2019 Goldman Environmental Prize, North Macedonia

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Skopje Categoría:Premio Medioambiental Goldman Categoría:Ecoloxistas de Macedonia do Norte