Bedtime for Democracy é o cuarto e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Dead Kennedys, publicado en novembro de 1986 a través do selo Alternative Tentacles. As cancións deste disco falan de temas comúns do punk rock daépoca, como a conformidade, a Reaganomía, o exéccito estadounidense e a crítica ao movemento hardcore punk. O título do álbum refírese á comedia de 1951 Bedtime for Bonzo, protagonizada por Ronald Reagan, e tamén reflicte o cansazo do grupo polo xuízo que estaba tendo nese momento polo controvertido arte incluído no seu anterior traballo. Cando comezou a gravación de Bedtime for Democracy, Dead Kennedys xa tocara o que sería o seu derradeiro concerto con Jello Biafra e anunciou a súa disolución xusto despois do seu lanzamento do disco, que ten como primeiro tema unha versión da canción de David Alan Coe "Take This Job and Shove It".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Dead Kennedys Categoría:Álbums musicais de 1986 Categoría:Álbums de Alternative Tentacles