miniatura|230px|Ceroglossus buqueti miniatura|230px|Ceroglossus ochsenii Ceroglossus é un xénero de insectos coleópteros da suborde dos adéfagos, pertencente á familia dos carábidos, subfamilia dos carabinos e tribo dos carabini.Subfamilia Carabinae en Iberfuana. Consultada o 26 de abril de 2021.

É o único xénero da subtribo dos ceroglossina.Subtribo Ceroglossina Vacher de Lapouge, 1927. en BioLib. Consultado o 26 de abril de 2021.

As súas especies están restrinxidas a Chile e a Arxentina.

Características Son escaravellos de cores metálicas moi intensas e brillantes, estando entre os representantes máis vistosos da familia dos carábidos. De tamaño grande, o pronoto é moito máis estreito que as ás, que son arredondadas e lixeiramente afiadas na parte traseira, con finas raias lonxitudinais.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1848 polo entomólogo francés Antoine Joseph Jean Solier.Ceroglossus Solier, 1848 no GBIF. Consultado o 26 de abril de 2021.Solier, A .J. J. (1848): "Observations sur les genres Procrustes, Procerus, Carabus et Calosoma formant la famille des carabiens de M. Brullé". Studi Entomologici.

Etimoloxía O nome científico Ceroglossus está formado pola unión dos elementos do latín científico cero- e -glossus. O primeiro está tirado do grego antigo κηρός kērós, "cera",cero- no Online Etimology Dictionary. e o segundo dreiva do grego antigo γλωσσα glōssa, "lingua".-glossus no Merriam-Webster Dictionary.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:Ceroglossus Solier in Baudi & Truqui, 1848 no IRMNG. Consultado o 26 de abril de 2021. Ceraglossus Motschoulsky, 1855 Ceroglossa Desmarest in Chenu, 1851-22 Ceroglossa Géhin, 1876

Especies O xénero comprende as seguintes especies: Ceroglossus buqueti Laporte, 1834 Ceroglossus chilensis Eschscholtz, 1829 Ceroglossus darwini Hope, 1837 Ceroglossus guerini Gehin, 1885 Ceroglossus magellanicus Gehin, 1885 Ceroglossus ochsenii Germain, 1895 Ceroglossus speciosus Gerstaecker, 1858 Ceroglossus suturalis Fabricius, 1775

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lorenz, W. (2018): CarabCat: Global database of ground beetles (versión outubro de 2017). En: Roskov Y. et al. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life. Heinz, W & Jiroux, E. (2001): "Contribution to knowledge of the genus Ceroglossus Solier - IV (Coleoptera, Carabidae)". Cahiers Magellanes Hors-Serie, 4: 1–14. Jaffrézic, O. & Rataj, O. (2006): "Contribution to the study of the genus Ceroglossus (Coleoptera, Carabidae)". Cahiers Magellanes Hors-Serie, 15: 1–16.

Outros artigos Carábidos Carabinos Carabini

Ligazóns externas Ceroglossus Solier, 1848 en BioLib. Ceroglossus na EOL.

Categoría:Adephaga