miniatura|A congresista Pelosi saúda á familia Goldman e ós seis gañadores do Premio Medioambiental Goldman pola defensa ambiental de base en 2011. O Premio Goldman é un premio que se concede anualmente como recompensa a defensores da natureza e o medio ambiente, repartido en 6 categorías en función da zona xeográfica: África, Asia, Europa, as nacións insulares, América do Norte, América Central e América do Sur.
O premio foi instituído en 1990 polos filántropos Richard N. Goldman (1920-2010) e Rhoda H. Goldman (1924-1996) para amosar que os problemas ambientais son internacionais, para dar atención pública a problemas globais de importancia crítica, para dar recoñecemento a individuos ordinarios que traballan para protexer e mellorar o medio ambiente, e para inspirar a outros para que sigan o exemplo dos gañadores do premio. A primeira cerimonia deste premio, coincidindo co Día da Terra, celebrouse o 16 de abril de 1990.
Richard Goldman fundou a Goldman Insurance Services en San Francisco. Rhoda Goldman era descendente de Levi Strauss.
Os nomeamentos aos premios son enviados por un grupo de institucións que traballen en temas ambientais, ao longo do mundo, e un grupo confidencial de 150 expertos ambientais, de máis de 70 nacións distintas.Páxina oficial do Premio Ambiental Goldman: Nomeadores (inglés) Os nomeadores traballan sobre unha gran variedade de temas, incluíndo xustiza ambiental, dereitos indíxenas, protección aos recursos ambientais, biodiversidade e conservación, saúde ambiental, manexo de terras, entre moitos outros.
Os gañadores son seleccionados por un xurado interno. Logo de notificados participan nunha xira de 10 días por San Francisco e Washington D. C., para participar na cerimonia de entrega de premios, conferencias e entrevistas.Sobre el premio O premio entrégase cada ano durante o mes de abril na cidade de San Francisco, e é considerado como o Premio Nobel da Ecoloxía ou Premio Nobel Verde.
O Premio Goldman axuda a amplificar a voz aos gañadores e proporciónalles:
Recoñecemento internacional que mellora a súa credibilidade
Visibilidade mundial aos problemas que defenden Soporte financeiro para que poidan seguir loitando para facer realidade a súa visión dunha contorna renovada e protexida
Das persoas ás que se lles outorgou o Premio Goldman, dous foron asasinados pola súa causa: Isidro Baldenegro López de México foi asasinado o 15 de xaneiro de 2017 e Berta Cáceres de Honduras, asasinada o 3 de marzo de 2016.
Premiados Ordénanse os gañadores de cada ano seguindo a orde: África, Asia, Europa, Illas e nacións insulares, Norteamérica, América do Sur e central.
1990
Michael Werikhe Harrison Ngau Laing János Vargha Bob Brown Lois Gibbs Janet Gibson
1991
Wangari Muta Maathai Yoichi Kuroda Eha Kern & Roland Tiensuu Cath Wallace Samuel LaBudde Evaristo Nugkuag
1992
Wadja Egnankou Medha Patkar Christine Jean Jeton Anjain Colleen McCrory Carlos Alberto Ricardo
1993
Margaret Jacobsohn & Garth Owen-Smith Dai Qing Sviatoslav Zabelin John Sinclair JoAnn Tall Juan Mayr
1994
Laila Iskander Kamel Tuenjai Deetes Heffa Schücking Andrew Simmons Matthew Coon Come Luis Macas
1995
Ken Saro-Wiwa Yul Choi South Emma Must Noah Idechong Aurora Castillo Ricardo Navarro
1996
Ndyakira Amooti M.C. Mehta Albena Simeonova Bill Ballantine Edwin Bustillos Marina Silva
1997
Nick Carter Loir Botor Dingit Alexander Nikitin Fuiono Senio & Paul Cox Terri Swearingen Juan Pablo Orrego
1998
Sven "Bobby" Peek Hirofumi Yamashita Anna Giordano Atherton Martin Berito Kuwaru'wa Kory Johnson
1999
Samuel Nguiffo Ka Hsaw Wa Michal Kravcik Jacqui Katona & Yvonne Margarula Bernard Martin Jorge Varela
2000
Alexander Peal Oral Ataniyazova Vera Mischenko Nat Quansah Rodolfo Montiel Flores Elías Díaz Peña & Óscar Rivas
2001
Eugène Rutagarama Yosepha Alomang Giorgos Catsadorakis & Myrsini Malakou Bruno Van Peteghem Jane Akre & Steve Wilson Óscar Olivera
2002
Fatima Jibrell Pisit Charnsnoh Jadwiga Lopata Alexis Massol-González Sarah James & Jonathan Solomon e Norma Kassi Jean A Rose
2003
Odigha Odigha Von Hernández Pedro Arrojo Agudo Eileen Kampakuta Brown & Eileen Wani Wingfield Julia Bonds María Elena Foronda Farro
2004
Rudolf Amenga-Etego, Rashida Bee e Champa Devi Shukla Manana Kochladze, Demetrio do Amaral de Carvalho, Margie Richard, Libia Groso
2005
Corneille Ewango Kaisha Atakhanova Stephanie Danielle Roth Jean-Baptiste Chavannes Isidro Baldenegro López , asasinado o 15 de xaneiro de 2017El asesinato de un ambientalista en México genera alarma en América Latina Publicado por The New York Times José Andrés Tamayo Cortez
2006
Silas Kpanan’ Siakor, Yu Xiaogang, Olya Melen, Anne Kajir, Craig E. Williams, Tarcisio Feitosa da Silva,
2007
Hammerskjoeld Simwinga Tsetsegee Munkhbayar Willie Corduff Orri Vigfússon Sophia Rabliauskas Julio Cusurichi
2008
Feliciano dos Santos Marina Rikhvanova Ignace Schops Rosa Hilda Ramos Jesús León Santos Pablo Fajardo Mendoza e Luís Yanza
2009
Marc Ona Essangui Rizwana Hasan Olga Speranskaya Yuyun Ismawati Maria Gunnoe Wanze Eduards & Hugo Jabini
2010
Thuli Brilliance Makama, Tuy Sereivathana, Małgorzata Górska, Humberto Ríos Labrada, Lynn Henning, Randall Arauz,
2011
Raoul du Toit, Dmitry Lisitsyn Ursula Sladek Prigi Arisandi Hilton Kelley, Francisco Pineda
2012
Ikal Angelei Caroline Cannon Evgenia Chirikova Edwin Gariguez Sofía Gatica Ma Jun
2013
Jonathan Deal Azzam Alwash Rossano Ercolini Aleta Baun Kimberly Wasserman Nohra Padilla
2014
Desmond D'Sa Ramesh Agrawal Suren Gazaryan Rudi Putra Helen Slottje Ruth Buendía
2015
Myint Zaw Prize Recipients Marilyn Baptiste Jean Wiener Phyllis Omido Howard Wood Berta Cáceres asasinada o 3 de marzo de 2016Matan a Berta Cáceres, la hondureña que le torció la mano al Banco Mundial y a China Publicado por BBC Mundo
2016
Máxima Acuña, . Zuzana Caputova, . Luís Jorge Rivera Herrera, . Edward Loure, . Leng Ouch, . Destiny Watford, .
2017
Wendy Bowman, Rodrigue Mugaruka Katembo, mark! Lopez, Uroš Macerl, Prafulla Samantara, Rodrigo Tot,
2018
Makoma Lekalakala e Liz McDaid Khan Nguy Claire Nouvian Manny Calonzo LeeAnne Walters Francia Márquez
2019
Alberto Curamil Alfred Brownell Bayarjargal Agvaantseren Ana Colovic Lesoska Jacqueline Evans (conservacionista) Linda García (ambientalista)
2020 Os gañadores do premio foron anunciados o 1 de decembro de 2020.
Leydy Pech Kristal Ambrose Paul Sein Twa Lucie Pinson Chibeze Ezekiel Nemonte Nenquimo
2021 Gloria Majiga-Kamoto Thai Van Nguyen Maida Bilal Kimiko Hirata Sharon Lavigne Liz Chicaje Churay
2022 Chima Williams Niwat Roykaew Marjan Minnesma Julien Vincent Nalleli Cobo Alex Lucitante e Alexandra Narváez Trujillo
2023 Zafer Kizilkaya Alessandra Korap Munduruku Chilekwa Mumba Tero Mustonen Delima Silalahi Diane Wilson
2024 Sinegugu Zukulu e Nonhle Mbuthuma Alok Shukla Teresa Vicente Murrawah Maroochy Johnson Andrea Vidaurre Marcel Gomes
2025 Semia Gharbi Batmunkh Luvsandash Besjana Guri e Olsi Nika Carlos Mallo Molina Laurene Allen Mari Luz Canaquiri Murayari
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Premio Ambiental Goldman Entrevistas ós gañadores en Grist Magazine (inglés): 2003, 2004, 2005, 2006.