Radiotelevisión de Castilla-La Mancha (RTVCM) é a empresa pública de radio e televisión autonómica de Castela-A Mancha. É membro da FORTA, a federación de radio e televisións autonómicas. A súa sede central está en Toledo.

Foi creado por decreto das Cortes rexionais o 26 de maio de 2000. O 30 de maio de 2001 empezou as súas emisións Radio Castilla-La Mancha (RCM) e o 13 de decembro de 2001 comezou as emisións regulares Castilla-La Mancha Televisión (CMT).

Servizos Televisión: Castilla-La Mancha Televisión (13 de decembro de 2001). Castilla-La Mancha Televisión 2 (9 de febreiro de 2009-15 de decembro de 2011). Castilla-La Mancha Televisión HD (1 de agosto de 2012).

Radio: Radio Castilla-La Mancha (30 de maio de 2001).

Medios interactivos: Teletexto (13 de decembro de 2001). RTVCM.es (23 de setembro de 2002). Castilla-La Mancha Televisión en Internet (en directo a través da web de RTVCM dende o 1 de novembro de 2013).

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da RTVCM

Categoría:Radiotelevisión de Castilla-La Mancha