Sir George Francis Hampson, 10º Baronet de Hampson, nado o 14 de xaneiro de 1860 en Marylebone, Cidade de Westminster, Gran Londres, e finado o 15 de outubro de 1936 en Maidstone, capital do Condado de Kent, foi un entomólogo inglés.
Traxectoria George Hampson era fillo de Sir William Seymour Hampson, 9º Baronet de Hampson. Despois de facer os seus estudos primarios e secundarios, estudou no Exeter College, un dos Colleges que constitúen a Universidade de Oxford.
Viaxou á India onde foi o propietario dunha plantación de té e a presidencia de Madrás (actualmente Tamil Nadu), na que se interesou polas bolboretas e as avelaíñas.
Cando regresou a Inglaterra foi un traballador voluntario no Museo de Historia Natural de Londres, onde escribiu "The Lepidoptera of the Nilgiri District" (1891) e "The Lepidoptera Heterocera of Ceylon" (1893) como as partes 8 e 9 de Illustrations of typical Specimens of Lepidoptera Heterocera of the British Museum. Posteriormente comezou a traballar en The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma: Moths (4 volumes 1892-1896).
Albert Günther ofreceulle un posto como asistente no Museo en marzo de 1895 e, despois de acadar o título de Baronet en 1896, foi ascendido a asistente principal en 1901. Máis tarde traballou no Catalogue of the Lepidoptera Phalaenae do Museo Británico (15 volumes, 1898-1920).
Abreviatura A abreviatura Hampson emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Vida persoal Hampson casou con Minnie Frances Clark-Kennedy o 1 de xuño de 1893 e tiveron tres fillos, Marjorie Eleanor Hampson, Sir Dennys Francis Hampson, 11º Bt., e Honoria Mary Hampson.Sir George Francis Hampson, 10th Bt. en The Peerage. .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía William T. Stearn (1998): The Natural History Museum at South Kensington. ISBN 978-0-5650-9030-2.
Ligazóns externas Obras de George Francis Hampson en Internet Archive.
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Entomólogos do Reino Unido Categoría:Nobres do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1936