Aleksandr Aleksandrovich Skvortsov, nado en Schelkovo (rexión de Moscova) o 6 de maio de 1966, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-18, Soiuz TMA-12M e Soiuz MS-13 e foi membro das expedicións 23, 24, 39, 40, 60 e 61 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Skvortsov graduouse na Escola Militar de Aviación de Stavropol en 1987 e en 1997 na Facultade de Aviación da Academia Militar AAD. Foi seleccionado como cosmonauta en 1997, adestrando entre o 16 de xaneiro de 1998 e o 26 de novembro de 1999. Partipou nas misións Soiuz TMA-18, Soiuz TMA-12M e Soiuz MS-13, sendo membro das expedicións 23, 24, 39, 40, 60 e 61 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 345,27 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-18 Soiuz TMA-12M Soiuz MS-13 Expedición 23 Expedición 24 Expedición 39 Expedición 40 Expedición 60 Expedición 61 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados no óblast de Moscova