Na mitoloxía grega, Epopeo foi fillo de Poseidón e Cánace, filla de Eolo, se ben algunhas tradicións din que era fillo de Aloeo, un dos fillos de Poseidón e Cánace. Para Hixino, Epopeo naceu da unión de Poseidón coa pléiade Alcíone, filla de Atlas Hixino: Fábulas 157, 2..

Poseidón e Cánace tiveron, ademais, outros fillos: Hopleo, Nireo, Aloeo e Tríope Pseudo-Apolodoro, I, 7, 4.. Epopeo tivo un fillo, Maratón, e unha filla, Enope (ou Énope). Hixino di que Poseidón tivo un fillo con esta, Megareo Fábulas 157, 2..

Epopeo foi rei de Sición Antiga cidade grega situada ó norte do Peloponeso, próxima a Corinto., ó suceder a Córax, que morrera sen deixar fillos Tamén se di que Epopeo usurpou o trono tras conquistar Sición á morte de Córax.. Tamén se fixo co trono de Corinto trala morte de Buno.

Antíope, filla do rei de Tebas Nicteo, foi amada por Zeus e procreou dous fillos, Anfión e Zeto. Por medo á reacción do seu pai, antes do momento do parto fuxiu da cidade e refuxiouse en Sición Segundo outras tradicións, foi raptada por Epopeo, quen a fixo a súa esposa.. Nicteo suicidouse pola desesperación, pero antes de facelo ordenou ó seu fillo Lico que vingase a aldraxe.

Lico atacou e tomou Sición, matando a Epopeo e rescatando a Antíope. Pero tamén se di que os tebanos foron derrotados, aínda que Epopeo resultou ferido na batalla e morreu pouco despois. LamedonteNon confundir con Laomedonte, rei de Troia., irmán de Córax, puido así recuperar o trono.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega