Pedro Calderón de la Barca Herce Collantes, nado na Coruña o 25 de marzo de 1836 e finado en Madrid o 18 de febreiro de 1891,Gaceta de Galicia, 18-2-1891, p. 2. foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Saturnino Calderón Collantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pola que foi doutor. Traballou no Ministerio de Graza e Xustiza no que foi xefe de negociado. Militou na Unión Liberal. Foi elixido deputado polo distrito de Ordes dende 1858, nas que foron constituíntes de 1869 e nas eleccións seguintes até 1883. Foi senador pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago dende 1884 até 1891.Gaceta de Galicia, 19-2-1891, p. 1. Vida persoal Foi pai de Pedro Calderón de la Barca Ceruelo.

Notas

Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1891