Gladys Mae West (tamén coñecida como Gladys West, ou o seu nome de nacemento Gladys Mae Brown) nada en Sutherland, Virxinia, o 27 de outubro de 1930 e finada en Alexandria, Virxinia, o 17 de xaneiro de 2026 foi unha matemática estadounidense recoñecida polas súas contribucións á matemática que fundamentan os Sistemas de Posicionamento Global, máis coñecidos polas súas siglas en inglés GPS (Global Positioning System).
Traxectoria
Primeiros anos e adolescencia West naceu no Condado de Dinwiddie, Virxinia, no seo dunha familia de agricultores que traballaban a terra en Aparcería. Grazas á obtención dunha bolsa por ser a mellor da súa clase en secundaria, estudou matemáticas na Universidade Estatal de Virxinia. Despois de graduarse dedicouse ao ensino ao redor de dous anos.
Carreira En 1956 Westt empezou a traballar na división de Dahlgren do Centro para a Guerra de Superficie Naval, onde foi a segunda muller negra contratada na historia do Centro. West empezou a recompilar datos de satélites, para finalmente utilizalos no desenvolvemento do Sistema de Posicionamento Global. O seu supervisor Ralph Neiman recomendouna como directora do proxecto de altimetría do radar de Seasat, o primeiro satélite que podía detectar remotamente océanos. En 1979, Neiman recomendou a West para unha mención. West foi programadora na División de Dahlgren para ordenadores a grande escala e directora do proxecto para sistemas de procesamento de datos utilizado na análise de datos de satélites. miniatura|Informe do procesamento de datos para GeoSat por Gladys West En 1986, West publicou "Data Processing System Specifications for the Geosat Satellite Radar Altimeter", unha guía ilustrada de 60 páxinas. A guía do Centro de Armas de Superficie Naval (NSWC) foi publicada para explicar como aumentar a exactitude da estimación de "alturas de xeoide e reflexión vertical", temas de xeodesia de satélites. Isto conseguiuse mediante o procesamento de datos creado dende a radio altimeter sobre o satélite Geosat, que entrou en órbita o 12 de marzo de 1984. Ela traballou en Dahlgren durante 42 anos, retirándose en 1998. As súas contribucións ao GPS foron só descubertas cando un membro da irmandade de West, Alfa Kappa Alfa, leu unha biografía curta que West enviara para unha función.
Vida persoal Coñeceu ao seu marido Ira West na base naval e casaron en 1957. En febreiro de 2018, cando West vivía no Condado King George, Virxinia, completou un doutoramento, vía un programa de aprendizaxe a distancia, con Virxinia Tech.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Gladys West, la matemática que ayudó a crear el sistema GPS que hoy nos guía no blog Mujeres con Ciencia.
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Personalidades das matemáticas Categoría:Nados en Virxinia