Kon Ichikawa (en , Ichikawa Kon), nado en Ise, Mie, o 20 de novembro de 1915 e finado en Tokyo o 13 de febreiro de 2008, foi un director de cinema xaponés. A súa obra abrangue un amplo rango de estilos, dende filmes antibélicos a documentais.
Traxectoria Primeiros anos Ichikawa naceu en Ise, na prefectura de Mie, como Giichi Ichikawa (市 川 儀 一). O seu pai morreu cando tiña catro anos e a tenda de quimonos da familia crebou, polo que foi vivir coa súa irmá. Un tío deulle o nome de "Kon" que pensaba que os caracteres do kanji 崑 significaban boa sorte, porque as dúas metades do carácter chinés teñen o mesmo aspecto cando se divide pola metade verticalmente. De neno encantáballe debuxar e a súa ambición era converterse en artista. Tamén lle gustaba o cinema e era fan do "chambara" ou cinema de samurais. Na adolescencia quedou fascinado polas "Silly Symphonies" de Walt Disney e decidiu converterse en animador. Asistiu a unha escola técnica en Osaka e ao graduarse, en 1933, atopou un traballo no departamento de animación dun estudio de cinema local, J.O Studio. Décadas despois, díxolle ao escritor estadounidense sobre cinema Xaponés Donald Richie: "Sigo sendo debuxante e creo que a maior influencia nos meus filmes (ademais de Chaplin, especialmente The Gold Rush) é probablemente Disney".Richie, Donald. "The Several Sides of Kon Ichikawa". in .
Trasladouse ao departamento de longametraxes como axudante de dirección cando a compañía pechou o seu departamento de animación, traballando baixo directores como Yutaka Abe e Nobuo Aoyagi.
A principios dos anos corenta, J.O Studio fusionouse con P.C.L. e Toho Film Distribution para formar a Toho Film Company. Ichikawa mudouse a Tokyo. O seu primeiro filme foi unha curta de monicreques, Musume Dojoji (1946),IMDb que foi confiscada polas autoridades de ocupación dos Estados Unidos co pretexto de que era demasiado "feudal", aínda que algunhas fontes suxiren que o guión non fora aprobado polas autoridades ocupantes. Perdido durante moitos anos, consérvase na Cinémathèque Française.
Foi en Toho onde coñeceu a Natto Wada, nada como Yumiko Mogi en Himeji en 1920. Wada era tradutora en Toho. Acordaron casar algún tempo despois de que Ichikawa completase o seu primeiro filme como director. Ambos viñan de matrimonios fracasados. Ela licenciouse en literatura inglesa pola Tokyo Woman's Christian University. Casou con Kon Ichikawa o 10 de abril de 1948 e morreu o 18 de febreiro de 1983 dun cancro de mama.
1950-1965 Foi despois do matrimonio de Ichikawa con Wada cando os dous comezaron a colaborar, primeiro en Ningen moyo e Hateshinaki jonetsu en 1949. O período 1950–1965 denomínase a miúdo como o período Natto Wada de Ichikawa. É o período que contén a maioría das obras máis respectadas de Ichikawa, como a Tōkyō Orinpikku, polo que foi galardoado co Diploma Olímpico ao Mérito, así como o Premio das Nacións Unidas BAFTA e o Premio Robert Flaherty (agora coñecido como premio BAFTA ao mellor documental). Tamén durante este período Wada escribiu 34 guións, a maioría dos cales foron adaptacións.
Obtivo o recoñecemento occidental durante a década de 1950 e 1960 con dous filmes contra a guerra, Biruma no tategoto e Nobi, e a formidable peza de época Yukinojo henge sobre un actor de kabuki.
Entre as súas moitas adaptacións literarias atopánse Kagi de Jun'ichirō Tanizaki, Kokoro e Wagahai wa neko de aru de Natsume Sōseki, e Enjo, de Yukio Mishima, en que un sacerdote queima o seu templo para salvalo da contaminación espiritual. Kagi participou no Festival de Cannes de 1960 e gañou o premio do xurado con L'Avventura de Antonioni.
Dende 1965 Despois de Tōkyō Orinpikku, Wada retirouse como guionista, o que marcou un cambio significativo nos filmes de Ichikawa a partir dese momento. En canto á súa xubilación, dixo: "Non lle gusta a nova gramática cinematográfica, o método de presentación do material; di que xa non hai corazón, que a xente xa non se toma en serio o amor humano".
O seu último filme, Inugami-ke no ichizoku (2006), un remake do seu propio filme de 1976, entrou no 29.º Festival Internacional de Cine de Moscova.
Tamén en 2006, Ichikawa foi obxecto dun documental de longa duración, Ichikawa Kon Monogatari, dirixido por Shunji Iwai.
Ichikawa morreu de pneumonía o 13 de febreiro de 2008 nun hospital de Tokio. Tiña 92 anos.
Filmografía
Yowamushi Chinsengumi (1935) - curtametraxe Musume Dôjôji (1946) - curtametraxe Toho senichi-ya (1947) Aijin (1951) Ashi ni sawatta onna (1951) Pusan (1953) Seishun kaidan (1955) Kokoro (1955) Biruma no tategoto (1956) - versión en branco e negro Shokei no heya (1956) Nihonbashi (1956) Tôhoku no zunmu-tachi (1957) Ana (1957) Enjo (1958) Kagi (1959) Nobi (1959) Jokyō (1960) - con Kōzaburō Yoshimura e Yasuzo Masumura Bonchi (1960) Otōto (1960) Kuroi jûnin no onna (1961) Hakai (1962) Watashi wa nisai (1962) Yukinojō Henge (1963) Taiheiyō Hitori-botchi (1963) Money Talks (1963) Tōkyō Orinpikku (1965) - documental Genji monogatari (1966) Toppo Jijio no botan sensō (1967) Ai futatabi (1971) Kogarashi Monjirō (1972) - telefilme Visions of Eight (1973) - documental, filme antolóxico Matatabi (1973) Wagahai wa neko de aru (1975) Inugami-ke no ichizoku (1976) Gokumon-to (1977) Hi no Tori (1978) Joôbachi (1978) Byoinzaka no Kubikukuri no Ie (1979) Koto (1980) Kofuku (1981) Sasame-yuki (1983) Ohan (1984) Biruma no tategoto (1985) - remake en cor Koneko Monogatari (1986) - director asociado Taketori monogatari (1987) Eiga joyû (1987) Kaetekita Kogarashi Monjirō (1993) Shijûshichinin no shikaku (1994) Yatsu haka-mura (1996) Shinsengumi (2000) Dora-heita (2000) Kah-chan(2001)Yume jûya (2006) ''Inugami-ke no ichizoku (2006)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Senses of Cinema: Great Directors Critical Database Strictly Film School: Kon Ichikawa
Categoría:Nados na prefectura de Mie Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Directores de cinema do Xapón Categoría:Finados por pneumonía