Sarah E. Myhre é unha científica climática, divulgadora e activista pola xustiza ambiental estadounidense. É coñecida polo seu enfoque feminista para a mitigación do cambio climático, e considera necesario que máis mulleres lideren a loita contra o cambio climático. É fundadora e directora executiva do Rowan Institute, unha organización sen ánimo de lucro con sede en Washington D. C. que se enfoca no liderado do cambio climático.
Traxectoria Myhre obtivo o seu doutoramento en ecoloxía na Universidade de California en Davis, en 2014, estudando paleo-oceanografía. A súa mentora foi Tessa M. Hill. É investigadora principal no Project Drawdown, onde investiga a extracción de carbono no océano. Ademais da súa investigación en ciencias do clima, Myhre avoga por incluír as experiencias humanas e usar a empatía cando fala sobre o cambio climático, argumentando que as perspectivas humanistas son importantes para abordar o cambio climático. Tamén avoga por un enfoque feminista da ciencia do clima, chamando a un maior liderado de mulleres científicas e activistas. Myhre argumenta que a ciencia nunca foi apolítica, e non pode ser tratada como tal.
Controversia No transcurso de varios anos, Myhre experimentou un forte acoso polo seu activismo climático. Tamén estivo publicamente en desacordo co científico climático Cliff Mass, o que lle implicou estar máis sometida ao acoso. Segundo un post en Grist, Myhre escribiu un artigo de opinión criticando o nomeamento de Scott Pruitt no xornal The Seattle Times, no que Mass escribiu un comentario cualificándoa de "idealista" e de "non ser unha verdadeira científica do clima". Outros colegas advertíronlle que o liderado público sobre o cambio climático é un "suicidio profesional". Tamén foi tachada de alarmista climática".
Recoñecementos En 2017, a revista Seattle Magazine incluíuna dentro da listaxe das Seattleites máis influentes. Ao ano seguinte, en 2018, a Academia Nacional de Ciencias nomeouna Kavli Fellow.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Rowan Institute.
Categoría:Nados en Washington Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no século XX