Bonifacio Borreiros Fernández, nado en Ferrol o 1 de agosto de 1953 e finado na Coruña o 5 de decembro de 2006, foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou medicina en Santiago de Compostela, e alí comezou a súa andaina política dentro dos movementos que loitaban polo cambio democrático, especialmente na organización xuvenil do PSG. Posteriormente ingresou no PSdeG, partido polo que saíu elixido deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993). Foi director xeral de Cultura con Fernando González Laxe, deputado no Congreso dos Deputados, foi o candidato á alcaldía de Ferrol naseleccións municipais de 1999, tralo pacto co BNG foi 1º tenente de alcalde con Xaime Bello durante algo máis dun ano ata que foi substituído por Amable Dopico. Expedientado polo PSdeG pola substitución do voceiro municipal socialista, deixou o partido en febreiro de 2003 e encabezou a candidatura de Acción Ciudadana de Ferrol nas eleccións municipais de Ferrol que co 4.79% dos votos non conseguiu entrar no concello, momento no que se retirou da política activa. Foi profesor de Tecnoloxía Sanitaria no CIFP Ánxel Casal. Finou na Coruña o 5 de decembro de 2006.Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ferrol, 6-12-2006, p. 7, 47.

Vida persoal

Casou con Ana Agras Gómez. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Médicos de Galicia

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes